RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

"Hai que ir partido a partido. Mirar os resultados dos demais confundiríanos", advirte Luismi Cruz

Luismi Cruz manifestou na sala de prensa do Dépor Training Center que "vimos dunha dinámica moi boa. Hai que seguir así, hai que seguir traballando".

Advirte que este domingo 12 de abril ás 16:15 (LaLiga TV Hypermotion) en El Alcoraz "temos un partido moi difícil porque eu estiven na situación que está a SD Huesca esta temporada. E nestes partidos xógasche a vida por non descender. Seguro que imos ter un partido moi difícil".

O atacante deportivista sostén que "ir máis aló é equivocarnos. Hai que ir a por os 3 puntos e sacar un bo resultado".

Nesta liña, lembra que "a SD Huesca o ano pasado estaba para ascender. Moitos xogadores son os mesmos e agora ven nunha situación difícil. Hai que ir coa maior humildade posible a conseguir os 3 puntos e a facer o noso traballo".

Con varios enfrontamentos directos na cabeza da táboa, Luismi admite que "é unha xornada moi importante pero xa as 8 que quedan son importantísimas. Hai que ir partido a partido. Mirar os resultados dos demais confundiríanos. Temos que centrarnos nos nosos partidos e ir a Huesca a conseguir os 3 puntos".

Finalmente, a nivel persoal sente "ben; tentando axudar ao equipo en cada faceta que me pide o míster, xa sexa tanto por dentro como por fóra. O colectivo é o importante e hai que estar para o que a un se lle pida".