RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Antoñito, Álex, Soriano, Pablo Brea, Retuerta, Dani Barcia e Víctor Narro visitaron o DéporCampus Cabreiroá de Abegondo

Mañá de emocións para a quinta quenda do DéporCampus Cabreiroá de Abegondo. Os case cen nenos e nenas participantes esta semana nesta actividade xa clásica no verán deportivo coruñés recibiron este mediodía a visita dunha nutrida representación de futbolistas do Dépor encabezada polo seu capitán, Álex Bergantiños.

Acompañaron ao futbolista coruñés no campo de herba sintética de Abegondo os seus compañeiros Antoñito, Mario Soriano, Víctor Narro, Pablo Brea e Dani Barcia. Todos eles foron recibidos cos cánticos que se escoitan cada fin de semana na bancada de ABANCA-RIAZOR e que nenos e nenas sábense de corrido: "Que bote, que bote...", "esta camiseta, sí la merecéis" ou "el blanquiazul, es un color..."

Houbo o tradicional posado fotográfico cos diferentes grupos e monitores; e por suposto as sempre emocionantes firmas de autógrafos en cadernos, camisetas, botíns...

Mañá, esta quinta quenda finalizará cos divertidos inchables e a entrega de diplomas a todos os participantes que correrá a cargo do Deportivo ABANCA. A adestradora Irene Ferreras, acompañada polas xogadoras Cris, Paula Gutiérrez, Inés Altamira, Ainhoa Marín, Henar e Carlota Sánchez compartirán cos nenos e nenas, ademais de familiares, un acto sempre emocionante.

A próxima semana, o DéporCampus Cabreiroá 2022 desenvolverase en Abegondo (sexta quenda) e Catoira (Pontevedra), cos que se clausura unha actividade que pasou os 1.600 alumnos; todo un éxito organizativo do Club e da Fundación RC Deportivo.

Para calquera consulta acerca da súa inscrición ou aclaración poden contactar coa organización en deporcampus@rcdeportivo.es.