RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Antoñito e Doncel incorporáronse esta mañá ao traballo de grupo

Antoñito e Doncel incorporáronse esta mañá ao traballo co grupo. O primeiro deles estivo a semana pasada, na que non houbo partido de liga, con adestramento personalizado após ser substituído en ABANCA-RIAZOR no descanso do choque ante a UD Logroñés por unha sobrecarga nun aductor.

Hoxe, Antoñito completou con normalidade toda a sesión, xa enfocada á preparación da visita do CD Tudelano a ABANCA-RIAZOR prevista para o sábado 14 de maio ás 17:00 (TVG-2, Footters e Fuchs-Sports).

Pola súa banda, Doncel realizou as primeiras tarefas co resto dos seus compañeiros e a continuación proseguiu con exercicios personalizados no campo anexo supervisados polo readaptador físico, Álex Canosa.

Após un quecemento, Borja Jiménez dispuxo un exercicio de posición, un partido a tres cuartas partes do campo 2 da Cidade Deportiva e fútbol en espazo reducido para concluír, co cadro dividido en tres equipos.

Pablo Brea retirouse antes aos vestiarios cunha escordadura interfalánxica nun dedo dunha man, e Álvaro Rey con molestias nun aductor, pendente neste caso de avaliación médica.

Así pois, unicamente Víctor quedou no ximnasio e cos fisioterapeutas; mentres que Noel, Trilli, Yeremay, Dani Barcia, Iván Guerrero, Brais Val e Alberto foron a representación de #ANOSACANTEIRA.

Mañá mércores, o Dépor adestrarase de novo en Abegondo a partir das 10:30 horas.