Como socio non existen os días do Club, por tanto pódense ver gratis todos os partidos de Liga sen pagar suplemento adicional. Tampouco na Copa do Rei, na cal o Deportivo defenderá o título, páganse cantidades adicionais para presenciar os partidos.
O abono para asistir á primeira fase da liga de Campións é sensiblemente máis barato para os socios do Deportivo e o mesmo ocorrerá na segunda fase e eliminatorias posteriores. Os socios poderán vern ao Bayern, ao Milán e ao Lens a un prezo realmente alcanzable. O mellor fútbol de Europa ao alcance de todos os petos.
Os prezos dos carnés anuais seguen baixando, esta tempada é a terceira consecutiva na que sofren unha rebaixa dos seus prezos. Ser socio do Deportivo é máis barato que nunca.
Abonos tempada 2002-2003
Zona do Campo | Abono anual 02-03 | Abono mensual 02-03 |
Tribuna superior | 436,00 | 39,60 |
Tribuna superior infantil | 203,00 | 18,40 |
Tribuna inferior | 395,50 | 35,90 |
Tribuna inferior infantil | 197,00 | 17,90 |
Tribuna inferior dianteira | 366,00 | 33,20 |
Tribuna inferior dianteira infantil | 174,00 | 15,80 |
Preferencia superior | 366,00 | 33,20 |
Preferencia superior infantil | 174,00 | 15,80 |
Preferencia inferior | 178,00 | 16,10 |
Preferencia inferior infantil | 88,00 | 8,00 |
Preferecia Inferior lateral | 145,00 | 13,10 |
Fondo Pavillón Superior | 178,00 | 16,10 |
Fondo Pavillón Superior Inf | 88,00 | 8,00 |
Fondo Pavillón inferior | 118,50 | 10,70 |
Fondo Pavillón inferior Junior (ata 20 anos) | 58,00 | 5,20 |
Fondo Maraton superior | 261,50 | 23,70 |
Fondo Maraton superior infantil | 116,00 | 10,50 |
Fondo Maraton Inferior | 145,00 | 13,10 |
Xubilados(admisión pechada) | 145,00 | 13,10 |
Xubilados (Fdo Pavillón Superior) | 116,00 | 10,50 |
Parados (Fdo Pavillón Superior) | 86,50 | 7,50 |
Socio Amigo | 30,00 | *** |
Novas Altas:As novas altas de Socios pagarán 30 Euros en concepto de Cota de Entrada, excepción feita de localidades de Infantil, Junior, Xubilados e Parados ou que sexa accionista do Real Club Deportivo da Coruña S.A.D.
As novas inscricións de socios deben subscribir dúas accións para garantir o seu número de asento no futuro. Se non queren subscribilas poden non facelo, pero en tempadas posteriores poderían perder o seu número de asento salvo que se traten de localidades de parados, xubilados, infantís ou junior.
Xubilados: Para darse de alta deben acreditar ter polo menos 65 anos de idade.
Parados:Deberán acreditar a súa situación co cartón actualizado do INEM.
Junior:Só poderán ocupar a bancada de Pavillón Inferior
Socio Amigo:Terá dereito a asistir a un partido de liga que elixirán durante a tempada 2002-03 na bancada de FONDO PAVILLÓN SUPERIOR adquirindo o número de Socio que conservará mentres permaneza de alta no RC Deportivo. Esta modalidade está dirixida esencialmente a persoas no estranxeiro, nenos recentemente nados, etc. O partido será seleccionado na semana en que se poñan á venda as entradas e sempre suxeito á dispoñibilidade das mesmas.