Aprazado o Emma Cuervo, o Dépor xogará o domingo ás 19:00 h. en Arteixo contra o Bergantiños
O último partido da pretemporada do RC Deportivo cambiará de día, hora, rival e campo de xogo ao non poder disputarse o Trofeo Emma Cuervo polo compromiso oficial do Unionistas de Salamanca en Copa Federación na xornada prevista para o vicedecano dos torneos estivais, que queda aprazado.
Para solucionar o contratempo, o RC Deportivo programou un partido amigable o domingo 21 de agosto, ás 18:00 h. en Ponte dos Brozos (Arteixo) contra o Bergantiños FC.
Como o resto de partidos de pretemporada do Deportivo, dentro da Dépor Xira Integral Motion, o encontro retransmitirase en directo a través da canle oficial de Youtube do Club: www.youtube.com/rcdeportivo grazas ao patrocinio de Integralmotion.es.
Os partidos da pretemporada branquiazul, cos resultados dos xa xogados, son os seguintes:
Atlético Arteixo 0 - RC Deportivo 3 (Martín Ochoa, Yeremay e Jaime) Racing Villalbés 1 - RC Deportivo 4 (Raúl Carnero, Santamaría -2- e Mario Soriano) RC Deportivo 7 (Quiles -3-, Santamaría, Víctor Narro, Tim Caroutas e Martín Ochoa) - SD Ponferradina 1 RC Deportivo 0 - Real Madrid Castilla 0. A penaltis: 5-6 RC Deportivo 4 (Quiles -3- e Víctor Narro) - FC Metalist Kharkiv 2 RC Deportivo-Bergantiños FC, domingo 21 de agosto, 19:00 h., Municipal Ponte dos Brozos (Arteixo)