RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ACTUALIDADE

Aprazado o partido do próximo sábado do Xuvenil A en Redondela

O partido correspondente á 15ª xornada de liga no subgrupo A da División de Honra entre o CD Choco e o Xuvenil A, previsto para o vindeiro sábado 13 de febreiro en Redondela, foi aprazado por un caso de COVID-19 no conxunto pontevedrés.

O Xuíz de Competición da RFEF fixará agora unha nova data para a celebración do partido "o máis próxima no tempo".

Antes, concretamente mañá mércores 10 de febreiro, o Xuvenil A recibirá en Abegondo ao CD Conxo Santiago (18:00 horas), en partido da 12ª xornada que foi suspendido no seu día por coronavirus no equipo santiagués.

O cadro que prepara Óscar Gilsanz é segundo na táboa con 27 puntos e dous partidos menos. O RC Celta marcha líder con 28 puntos e tres encontros menos xogados.