Esta tarde celebrouse, en segunda convocatoria, a Xunta Xeral de Accionistas do Real Club Deportivo. A Xunta Xeral quedou configurada coa presenza de 95 accionistas, con 1.552 accións propias e 52.924 accións representadas (1.453 accionistas representados), cun total de 3.274.007,60 € de capital presente e representado (31,80987 % do Capital Social).
Tralo informe do presidente aos accionistas, repasando toda a actividade social do pasado exercicio, a presentación do resto dos puntos, a alocución do Conselleiro da área Económica Enrique Calvete, a intervención de 7 accionistas e os seus representantes e as respostas de Tino Fernández, os resultados das votacións foron os seguintes:
Segundo.- Aprobación dos seguintes puntos relativos ao Exercicio Social pechado ao 30 de xuño de 2018:
2.1. Aprobación das Contas Anuais Individuais.
Si: 54.133 (99,8082 %)
Non: 96 (0,1770 %)
Abs: 8 (0,0148 %)
2.2. Aprobación das Contas Anuais Consolidadas.
Si: 54.203 (99,9189 %)
Non: 36 (0,0664 %)
Abs: 8 (0,0147 %)
2.3. Aprobación da xestión social realizada polo Consello de Administración.
Si: 54.128 (99,8082 %)
Non: 96 (0,1770 %)
Abs: 8 (0,0148 %)
2.4. Aprobación da proposta de aplicación do resultado do exercicio pechado ao 30 de xuño de 2018.
Si: 52.033 (99,8044 %)
Non: 94 (0,1803 %)
Abs: 8 (0,0153 %)
Terceiro.- Aprobación do Orzamento correspondente á Temporada Futbolística 2018-2019.
Si: 54.104 (99,9224 %)
Non: 34 (0,0628 %)
Abs: 8 (0,0148 %)
Quinto.- Delegación de facultades.
Si: 51.922 (99,9384 %)
Non: 32 (0,0616 %)
Abs: 0 (0,0000 %)