RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Arizmendi: Onte demostramos que podemos facer as cousas ben

Javier Arizmendi atendeu esta mañá aos medios informativos na sala de prensa do Mundo do Fútbol. Estas son algunhas das preguntas que respondeu o futbolista.



P-Miúdo partidazo que fixeches ante o Real Madrid.
R-Eu prefiro quedarme co partido que fixo todo o equipo.

P-E ademais a piques de lograr o que fose un dos goles da liga.
R-Si, pero ao final non entrou. Agora hai que traballar para que a próxima vez eses balóns entren.

P-Que lle pareceu o Real Madrid?
R-Eu creo que todo o mérito do partido estivo no Deportivo. Nós fixemos que o Real Madrid xogase mal e case non crease oportunidades.

P-E agora, que pasará cando chegue o Espanyol...?
R-Esa é a cuestión. Demostramos que podemos facer as cousas ben e entre todos temos que ser capaces de repetilo con frecuencia.

P-Menos mal que se gañou, porque os de abaixo tamén o fixeron.
R-Nós temos que pensar en nós, en facer ben o noso traballo.

P-Chega a Copa, a vitoria de onte fai que cambie a perspectiva desta competición?
R-En absoluto. Xa pasamos unha eliminatoria ante o Racing de Santander e agora trataremos de seguir pasando roldas.

P-Sentiches máis cómodo onte arriba e con outro home de ataque como Riki por detrás?
R-O certo é que este ano me atopo cómodo en calquera posición.

P-De feito, moito mellor que o ano pasado, cando chegaches ao Deportivo.
R-Si. Sempre é difícil destacar chegando a un equipo no mercado de inverno. É certo que esta tempada teño máis confianza e estou máis adaptado aos meus compañeiros.