RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Bárbara Latorre: "Está a traballarse ben e estamos no bo camiño"

Bárbara Latorre subliñou ao concluír o amigable ante o Athletic Club que o Dépor ABANCA "estivo sólido. É verdade que temos que ser máis contundentes pero está a traballarse ben e estamos no bo camiño".

A atacante branquiazul, autor do segundo tanto do seu equipo, asegura que as novas fichaxes "están a adaptarse moi ben, están a achegar moito ao equipo e aos poucos estamos a ser cada día mellores".

Finalmente, a nivel persoal Bárbara Latorre ten nestas primeiras semanas "moi boas sensacións. Estou a atoparme moi ben e cada día mellor. É pretemporada e é normal, custa un pouco; pero o equipo cada día está mellor".