RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Arribas asegura que ficha por ''un gran Club, cunha historia fantástica''

Alejandro Arribas manifestó esta mañana na Coruña ante os medios de comunicación estar "moi contento de estar aquí. Veño con moita ilusión e con moitas ganas".

O novo central deportivista confesou falar nestes días co técnico Víctor Sánchez do Amo. Así mesmo, agradeceu "o interese que puxo en min (o Dépor). Éso é fundamental para que eu estea aquí hoxe. Estou moi contento e satisfeito de estar aquí", reitera.

Chega, segundo asegura, a pelexar por un posto cos seus compañeiros de demarcación, como Lopo ou Insua, e "para facer grande este proxecto. Oxalá poida xogar moitos partidos".

Arribas opina que ficha "por un gran club, cunha historia fantástica. Estamos a tentar facer un proxecto novo, e que saian as cousas moi ben".