O Deportivo enfrontarase en oitavos de final da Copa da UEFA ao Arsenal. O sorteo que deparou este emparellamento celebrouse este mediodía no Hotel Intercontinental de Xenebra. Do catro posibles rivais para o equipo coruñés, Arsenal, Lens, Galatasaray e U
Luís Sánchez Doporto, conselleiro do Real Club Deportivo da Coruña, viaxou ata Suíza como representante do Club no sorteo da UEFA. O encontro de ida disputarase, se non hai cambios, o día 2 de marzo, xa do ano 2000, en Londres e o de volta o día 9 do mesmo mes na Coruña.
Javier Irureta manifestou onte que, do catro posibles rivais, prefería ao Lens francés, "non por que sexa máis fácil, porque a estas alturas non hai rivais alcanzables, senón polo sistema de xogo." Ao final parece que serán os ingleses os rivais.
Hoxe tamén se celebrou o sorteo de cuartos de final, é dicir, os emparellamentos entre o vencedor do partido 1 co vencedor do partido 5. Así, o gañador da eliminatoria Deportivo-Arsenal en oitavos enfrontarase ao vencedor do Verder Bremen- Parma.
O sorteo deparou os seguintes emparellamentos para o resto dos equipos españois: Celta de Vigo- Juventus, Mallorca- Monaco e Atlético de Madrid- Lens.