O mal estado do campo grande da Cidade Deportiva Municipal da Torre fixo que a sesión de adestramento que onte tiveron os deportivistas tivese que realizarse no campo municipal de Laracha, onde Arsenio e Franganillo traballaron de firme con todo o persoal
Aspiazu e Fran fixérono a medio gas e apenas tocaron o balón. O vasco xa está practicamente reposto da súa escordadura de nocello en tanto que Fran acusaba molestias no xeonllo dereito debido a unha contusión que se produciu no adestramento do martes na Torre...