RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

As entradas de público para o Real Madrid - Dépor, a 30 euros

De face ao encontro no Santiago Bernabéou previsto para o domingo 30 de setembro ás 19.50, o Real Madrid fixou o prezo da entrada para a afición deportivista en 30 euros, no 4º Anfiteatro Fondo Norte.

Os interesados en acudir ao partido poden reservar as entradas a través da Federación de Penas do Deportivo, realizando unha transferencia á conta de Novagalicia Banco: 20800058153040016564 antes do martes ás 12.00 horas.

Ademais, deben enviar un correo electrónico co xustificante de pago a esta dirección: fepedepor@hotmail.com