RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

As entradas para o Dépor-Eibar do 3 de marzo, xa á venda

As entradas para o encontro da 27ª xornada de LaLiga Santander no Estadio ABANCA-RIAZOR entre o Real Club Deportivo e a SD Eibar xa están á venda.

O partido disputarase na tarde do sábado 3 de marzo, a partir das 18:30 horas, un bo horario para acudir a presenciar un encontro de gran importancia para o desenlace de LaLiga Santander.

Os prezos das entradas de público oscilan entre os 40 euros da Tribuna Superior e os 20 euros de Pavillón Superior.

Como é habitual, tamén hai dispoñibilidade de localidades VIP na área 1906. Para máis información respecto diso, contactar en atencion.deportivista@rcdeportivo.es.

Para adquirir as localidades os afeccionados deben achegarse á Oficina de Atención ao Deportivista, que se atopa aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. O mesmo día do partido, o horario será desde as 11:00 até o inicio do encontro nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes. 

As entradas de público tamén poden comprarse online aquí

Prezos das entradas de público para o Dépor-Eibar (sábado 3 de febreiro, 18:30 horas):