RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

As Nosas pasan a noite en Granada, regresan mañá á Coruña e adéstranse de novo o martes

Finalizado o partido no Nuevo Los Cármenes correspondente á ida da final polo ascenso á Liga F, o Dépor ABANCA pasa a noite no Gran Hotel Luna de Granada, cuartel xeral branquiazul na cidade granadina.

As Nosas regresan mañá á Coruña, terán o luns xornada de descanso e adestraranse de novo o martes 6 de xuño ás 10:00 na Cidade Deportiva.

O plan de regreso é o seguinte:

Domingo 4 de xuño
15:05: Saída do voo do Aeroporto de Málaga con destino Santiago
16:45 (horario aproximado): Chegada a Galicia

O partido de volta entre o Deportivo ABANCA e o Granada CF xogarase o vindeiro sábado 10 de xuño a partir das 12:00 h. (Youtube RCDeportivo) na Cidade Deportiva de Abegondo.

Irene Ferreras confesou a pasada semana que "a min como adestradora tamén me fai moita ilusión poder xogar nun campo como ABANCA-RIAZOR. Pero logo acougas, pensas fríamente. O Club púxonos á nosa disposición calquera das opcións. Foi máis unha decisión deportiva. Fixémonos fortes en Abegondo durante toda a temporada. Se tivésemos unha experiencia previa alí probablemente reformulariámonolo pero non tivemos ningunha. O máis importante é que o equipo suba a Primeira División e aí temos que mirar cales son os nosos puntos fortes. Está claro que un dos alicerces máis fortes foi Abegondo, onde as xogadoras se sentiron máis cómodas, onde sacamos bos números e onde a sensación de arroupo vai ser moito maior".