RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

As Nosas viaxan este sábado a Barcelona para visitar o domingo ás 12:00 en Palamós ao FC Badalona Women

As Nosas desprázanse este sábado 17 de xaneiro a Girona para visitar ao FC Badalona Women o domingo 18 de xaneiro ás 12:00 (Dazn) no Estadi Municipal de Palamós - Costa Brava, en choque correspondente á 16ª xornada en Liga F.

Antes de viaxar, Fran Alonso dirixirá unha última sesión de adestramento no Dépor Training Center ás 9:30 horas.

O regreso do Dépor ABANCA será após o partido, nun avión que ten previsto aterrar ás 22:10 no Aeroporto da Coruña.

O plan de viaxe é o seguinte:

Sábado 17 de xaneiro
9:30: Adestramento no Dépor Training Center
11:15: Saída do autocar a Santiago
13:40: Saída do voo con destino ao Aeroporto de Barcelona - Josep Tarradellas
15:20 (hora aproximada): Chegada ao Aeroporto de Barcelona - Josep Tarradellas
17:30 (hora aproximada): Chegada ao Hotel Empordà Golf Resort en Gualta, Girona

Domingo 18 de xaneiro
12:00: FC Badalona Women - Deportivo ABANCA, no Estadi Municipal de Palamós - Costa Brava
Ao concluír, comida no Restaurante Hostal Costa Brava
20:25: Saída do voo do Aeroporto de Barcelona - Josep Tarradellas con destino o Aeroporto da Coruña
22:10 (hora aproximada): Chegada ao Aeroporto da Coruña