RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Avanzamos moi pouquiño

Augusto César Lendoiro comparecía a última hora desta tarde ante os medios de comunicación para comentar as últimas novidades no Club. Ademais do posible traspaso de Flavio e das saídas de xogadores a outros conxuntos o tema Teresa Herrera e convenio co C

Augusto César Lendoiro explicaba "acabamos de recibir, fai apenas quince minutos, unha carta do Sr. Alcalde que tampouco aclara a situación... o que falamos sempre da falta de diálogo, se estivésemos a falar poderiamos dicir, mira, á parte deste tema hai estoutro e estoutro, e así entra soamente no tema relacionado cos baixos do Estadio xunto ao Palacio dos Deportes establecendo unha temporalidade que permita ao Deportivo acceder a eles dentro duns anos, en realidade fala que "interesa mantelos durante dous mandatos", estamos a falar de oito anos, aínda que di que se pode falar entre o Sr. Igrexas Mato e eu. Na carta non se fala absolutamente nada sobre o tema dos ambigús e di "espero que así queden resoltas vosas últimas pretensións". Nin son últimas nin novas. Son as pretensións de sempre e polo que se ve non quedan resoltas", comentaba o presidente deportivista á vez que lía a misiva.

Ademais engadía "non se fala nada sobre o tema dos ambigús, que é un dos temas basee co cal, aínda que existe esta carta, volvo insistir, non avanzamos nada, ou moi pouquiño, porque isto que fala dos dous mandatos ou lexislaturas, fórame adiantado polo Sr. Igrexas Mato, pero parece que para avanzar un centímetro cadrado custa un esforzo terrible, cando, volvemos insistir, isto falaríase nuns minutos. Isto non o coñecemos ata agora mesmo e esperamos que se resolva canto antes."

A preguntas dos medios sobre a firma do convenio, Augusto César Lendoiro manifestou que "o normal sería, e así o fixemos no seu momento, enviar un escrito dicindo "estamos de acordo coa claúsula tal... e non estamos de acordo no redactado do punto tal e propomos este redactado..., iso é o normal, e nós contestariamos se estabamos de acordo ou non. Que pretendiamos nós? Que no canto de estarnos enviando papeis dun lado para outro, sentásemonos/sentásemosnos e resolvésemos o problema e non molestásemos nin aos medios, nin aos cidadáns nin nós. Ata este momento non temos outros datos.... Terémoslle que volver contestar e reiterar os puntos de diferenzas que había e que lles rogamos que nos digan que é o que eles cren que debe dicir o convenio".

E reiteraba o presidente deportivista en relación aos baixos "ese é un asunto de mañá, de pasado, de todos os días... non de dentro de oito anos... O único que pretendemos é que o Deportivo teña, no Estadio, a tranquilidade de estar seguros, é dicir, que se funciona ben o sistema de seguridade do Deportivo, non ten por que ocorrer nada. E se non funciona ben, é a nosa responsabilidade. Non é moito pretender. Avanzar..., un pouquiño. Antes non había ningunha posibilidade e agora fálase de dous mandatos". E insistía "busquemos ese punto de encontro... que con cartas non o imos a atopar nunca."

En canto a traspasos e fichaxes, Augusto César Lendoiro pospuxo ata a mañá do mércores a resolución do caso Flavio, porque aínda que o acordo entre Flavio, o Real Madrid e o Deportivo é case total, a disputa do partido Milán-Real Madrid esta noite atrasou as conversacións. Ademais, para o presidente do Deportivo, a posible fichaxe de Eto'o polo club herculino depende asímismo desta operación. Iso si, para o presidente deportivista se Eto'o non aceptase xogar no Deportivo, "a operación complicaríase".