RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Axustes tácticos para o choque ante o Athletic deste sábado

Clarence Seedorf realizou esta tarde no campo 2 da Cidade Deportiva axustes tácticos de cara ao encontro deste sábado 14 de abril en San Mamés ante o Athletic Club (20:45 horas, Bein LaLiga), en choque pertencente á 32ª xornada en LaLiga Santander.

Para iso, o técnico holandés apoiouse tamén nos canteiráns Francis, Edu Expósito, Gaizka e Mujaid.

Quedaron no vestiario Eneko Bóveda, Muntari, Schär, como consecuencia da contusión que sufriu onte nun pómulo, e Fede Cartabia, que traballou ás ordes do readaptador, Fran Molano.

A sesión concluíu con partidos en espazo reducido, de alta intensidade, co cadro dividido en 4 equipos.

Mañá xoves, o Dépor adestrarase ás 18:00 horas no Estadio ABANCA-RIAZOR, nunha sesión a porta pechada.