RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Babel confirma a súa predisposición para prolongar o seu contrato co Deportivo

Ryan Babel, apoiado na tradutora Melissa Santiso, desvelou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "a próxima semana está prevista unha reunión co club" para falar o tema da súa renovación. Neste sentido, o dianteiro deportivista asegura que a súa intención é seguir sendo xogador do Deportivo a partir do mes de decembro.

Subliña que "está moi ben ser apreciado neste equipo. A calquera xogador anímalle moitísimo saber que conta co apoio do club e dos seus compañeiros".

Sobre o partido do pasado luns ante a Real Sociedad, o internacional holandés dixo que "sabiamos que tiñamos que gañar. Precisamente todos estabamos preparados para este partido. Todos súper enfocados, e por fin logramos un bo resultado".

A nivel persoal, Babel comenta "estar satisfeito coa súa condición física pero agora é necesario coidar os pequenos detalles para estar como considero que debo estar".