RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Barcelona 2 - Deportivo 4<br>Importante vitoria branquiazul

Vibrante partido no Camp Nou que terminou con vitoria do Deportivo por 2 a 4. Adiantouse en dúas ocasións o conxunto de Antic e nas dúas igualou o Deportivo que logrou ao final remontar o resultado e quedar coa vitoria e o tres importantes puntos. Scaloni

Un temperán gol do Barcelona adiantou aos locais no marcador cando o Deportivo apenas se situou no campo. Ao cuarto de hora de xogo, Scaloni encargábase de empatar a saque de falta pero no 24 Motta volveu marcar para os locais deixando o 2 a 1 no marcador con que se chegou ao descanso.

Na continuación foi o Deportivo o que marcou de forma rápida cun gol de Makaay no 50 que descolocaría aos blaugranas. O segundo tempo foi, sen dúbida, branquiazul. Por xogo, dominio e ocasións os de Irureta mereceron remontar e fixérono. No 65 o holandés volveu anotar e Sergio, no 75, deixaría o partido sentenciado.

Romeu viu os seus primeiros cartóns e foi expulsado por Pérez Burrull, que tamén expulsou por dobre amoestación a Saviola.
O máis importante, o resultado e o tres puntos para os de Irureta que mañá poderán gozar da xornada de Liga coa tranquilidade que dá o traballo ben feito á espera de que fan os demais.

O Deportivo regresa este domingo á cidade herculina en voo que sairá da cidade condal ás 11 da mañá con destino Alvedro. Os branquiazuis disporán de xornada de descanso e volverán o luns ao traballo.