Barragán: Sabiamos que o partido de Barcelona era importante psicologicamente
A lesión muscular de Manuel Pablo abrió as portas da titularidade ao mozo internacional español Antonio Barragán, protagonista onte na primeira rolda de prensa oficial do Deportivo na Calderona.
-Volta ao equipo e ademais dos destacados para a prensa.
-Tanto eu como o resto dos meus compañeiros fixemos un bo traballo. Mágoa do gol no último minuto.
-¿Que opinión parécelle a actuación arbitral?
-Dixéronnos que o gol que nos anularon é legal. Pero é un tema no que non quero entrar.
-¿Como se presenta a volta da Copa tras o resultado de onte? Un empate bastaría.
-Non temos que saír ao 0-0 senón tal e como fixemos onte, a por a vitoria.
-¿É un estorbo a Copa tal e como está o equipo en Liga?
-En absoluto. É unha competición moi bonita e o míster está a darnos oportunidades aos que non temos tantos minutos na liga. Desde logo imos tentar chegar o máis lonxe posible.
-¿O resultado de onte dálles máis confianza de face ao domingo?
-Sabiamos que ía ser un partido importante psicoloxicamente falando. Agora imos con moita ilusión e ganas a Valencia.
-Todo indica que repetirá no once no Ciudat de Valencia.
-Aínda o míster non nos dixo nada. Eu ao meu, a traballar ao cento por cento para estar a lume de biqueira.