RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Primeira semana de liga para un Dépor "preparado tanto mental como fisicamente"

Os Nosos, este luns 11 de agosto con xornada de descanso, arrincan a primeira semana de competición en LaLiga Hypermotion, coa visita ao Granada CF prevista para o sábado 16 de agosto ás 21:30 (Dazn e LaLiga Hypermotion) no Nuevo Los Cármenes.

Luismi Cruz ve ao Dépor "tanto mental como fisicamente preparado para afrontar a liga. Imos con moita ilusión de conseguir os primeiros 3 puntos deste campionato tan longo. E con moitas ganas".

Antonio Hidalgo disporá de 4 sesións de traballo matinais na Cidade Deportiva. 

A do venres 15 adiántase ás 10:00 porque, nada máis concluír, o Dépor viaxa a Granada, vía Málaga.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 11 de agosto
Descanso

Martes 12 de agosto
10:30 h.

Mércores 13 de agosto
10:30 h.

Xoves 14 de agosto
10:30 h.

Venres 15 de agosto
10:00 h.

Sábado 16 de agosto
21:30: Granada CF - Deportivo, no Nuevo Los Cármenes