RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

BEGANO propón un seguimento en tempo real en Twitter de #OnosoDerbi

BEGANO, embotelladora de Coca-Cola na comunidade galega e como @beganoSA na rede social twitter, segue apostando polo deporte en Galicia e puxo en marcha quieroserpartedelderbi.com Unha innovadora iniciativa consistente nunha aplicación web que per

A acción comezará o día 22 de outubro e manterase ata o día seguinte á celebración do partido (27-10-12). O obxectivo é mostrar os comentarios dos usuarios da rede social nunha infografía dinámica, cuantificar o número parcial e total, definir cales son positivos e cales son negativos grazas a técnicas de Sentiment "Analysis" e determinar a localización desde onde se envían as mensaxes (tweets geoposicionados).

Os afeccionados poderán mostrar as súas preferencias de equipo nas súas mensaxes e a aplicación permitirá unha "sa rivalidade" entre as afeccións e detectar cal é a máis activa. Ademais poderase coñecer cal é o apoio baseado en datos reais de usuarios en cada provincia a cada equipo.

Entre todos os participantes que fagan tweet co hastag #quieroserpartedelderbi + #depor ou #celta sortearán un balón asinado dun dos dous equipos (Celta ou Deportivo).