RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Última semana de liga en 2025 para o Dépor ABANCA, con visita a unha Real Sociedad "nun momento de forma espectacular"

O Dépor ABANCA, este luns 8 de decembro con xornada de descanso, arrinca este martes 9 a última semana de liga en 2025, con visita á Real Sociedad o domingo 14 de decembro ás 12:00 (Dazn) en Zubieta.

Queda aínda para acabar o ano outro enfrontamento ante as realistas, pero en Copa e en ABANCA-RIAZOR o domingo 21 ás 12:00.

Os resultados da última xornada, co triunfo ante o Granada CF, deixaron a As Nosas con 13 puntos na 13ª posición, os mesmos que a SD Eibar (12º), Granada CF (11º) e RCD Espanyol (10º).

Fran Alonso advirte que a Real Sociedad está "nun momento de forma espectacular. A pesar de ter moi boas xogadoras o ano pasado afrouxou un pouco na segunda volta. Este ano están moi fortes".

Por conseguinte, vaticina un encontro que "nos vai a esixir moitísimo. Entón temos que estar ao noso mellor nivel, moi concentradas durante todo o partido".

Iso si, asegura que "imos con confianza. O ano pasado tivemos a fortuna de gañar en Zubieta por 1-2, resultado espectacular. O rival é claro favorito pero se facemos as cousas ben temos posibilidades de traernos algo positivo da Coruña".

O corpo técnico disporá de 5 sesións de adestramento matinais no campo 6 do Dépor Training Center, con esta planificación:

Martes 9 de decembro
10:30 h.

Mércores 10 de decembro
10:30 h.

Xoves 11 de decembro
10:30 h.

Venres 12 de decembro
10:30 h.

Sábado 13 de decembro
10:00 h.

Domingo 14 de decembro
12:00: Real Sociedad - Deportivo ABANCA, en Zubieta