RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Bo balance de triunfos en #ANOSACANTEIRA entre Portugal e Asturias

#ANOSACANTEIRA tivo partidos hoxe xoves en Cascais e Porto (Portugal), e na Oviedo Cup de Asturias, liquidados con case un pleno de triunfos e só unha derrota.

Mañá venres a actividade amplíase a Extramundi (Padrón) co Fabril FC Alevín; mentres que o Xuvenil B e un equipo Infantil viaxan a San Sebastián para participar no Torneo Internacional da Real Sociedad.

Pleno para o Infantil, Benxamín A e Fabril FC Benxamín en Cascais

Tres equipos de #ANOSACANTEIRA (Infantil, Benxamín A e Fabril FC Benxamín), participan desde onte mércores na IberCup de Estoril (Portugal).

Hoxe xoves houbo pleno de vitorias para os representantes branquiazuis, con opcións de entrar na fase polo título nas súas respectivas categorías.

O Infantil quedou encadrado na Primeira Fase no grupo F, con estes rivais: CD Panther Force, CF Os Unidos e GD Estoril Praia B.

O calendario inicial é o seguinte:

Mércores 13 de abril
INFANTIL 5 (Diego -3-, Janusz e Frank) - CD PANTHER FORCE 0

Xoves 14 de abril
INFANTIL 6 (Marcos, Frank, Janusz, Rubén, Lucas e Diego) - CF OS UNIDOS 0

Venres 15 de abril
10:45: GD ESTORIL PRAIA B - INFANTIL, en Trajouce

En función de clasificación os equipos pasarán a unha Segunda Fase.

Pola súa banda, o Benxamín A enfróntase no grupo C da Primeira Fase a CF Os Belensenses A, CF Os Unidos, FC Outurela e SL Olivais.

O calendario é o seguinte:

Mércores 13 de abril
BENXAMÍN A 3 (Hugo Macedo -2- e David Gómez) - CF OS BELENENSES A 0

Xoves 14 de abril
CF OS UNIDOS 0 - BENXAMÍN A 10 (David Gómez -2-, Álvaro Gómez -2-, Brais Martínez -2-, Jorge Fernández -2-, Iván Gil e Hugo Luaces)
BENXAMÍN A 9 (Nacho Villanueva -5-, Álvaro Gómez -2-, Hugo Pousa e Hugo Macedo) - SL OLIVAIS 0

Venres 15 de abril
10:35: FC OUTURELA - BENXAMÍN A, en Jamor

En función de clasificación os equipos pasarán a unha Segunda Fase.

Finalmente, o Fabril FC Benxamín mídese no grupo C da súa categoría ao Portimonense SC, CD Cova da Piedade e Associaçao da Torre; con este calendario:

Mércores 13 de abril
FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Alejandro Astray -2-, Miguel Candal -2- e Neo) - PORTIMONENSE SC 0

Xoves 14 de abril
FABRIL FC BENXAMÍN 8 (Mateo Carballeira, Bruno Abelenda, Miguel Candal -2-, Alejandro Astray, Álvaro Rodríguez, Hugo Quintela e Thiago López) - CD COVA DA PIEDADE 1

Venres 15 de abril
11:30: ASSOCIAÇAO DA TORRE - FABRIL FC BENXAMÍN, en Jamor

En función de clasificación os equipos pasarán a unha Segunda Fase.

Un triunfo e unha derrota do Alevín A na 1ª xornada da Porto International Youth Cup 2022

Sporting CP, FC Porto, SC Braga e Sport Comércio e Salgueiros son os rivais do Alevín A desde hoxe xoves na Porto International Youth Cup 2022.

Mañá venres, o cadro deportivista xógase unha praza nas semifinais.

O calendario do conxunto deportivista, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Primeira Fase
Xoves 14 de abril
ALEVÍN A 4 (Raúl -2-, Martín Forján e Iago Lameiro) - SPORT COMÉRCIO E SALGUEIROS 1
SPORTING CP 2 - ALEVÍN A 0

Venres 15 de abril
09:30: SC BRAGA - ALEVÍN A (campo 2)
11:30: ALEVÍN A - FC PORTO (campo 2)

Os dous primeiros de grupo clasifícanse ás semifinais.

A Oviedo Cup 2022 arranca con triunfos dos dous cadetes branquiazuis

A Oviedo Cup 2022 conta con dous representantes branquiazuis en categoría cadete (sub-16 e sub-15) nunha competición que se iniciou hoxe xoves.

O Cadete A quedou encadrado no grupo C da Primeira Fase cadete sub-16 co CD Solares, CD Canillas, UD Sur e Antiguoko KE.

O seu calendario, cos resultados dos partidos xa xogados, é o seguinte:

Xoves 14 de abril
CADETE A 2 (Jaime -2-) - CD SOLARES 0
UD SUR 0 - CADETE A 2 (Manu Ferreiro e Guerrero)

Venres 15 de abril
10:30: CADETE A - CD CANILLAS, no Estadio Manuel Díaz Vega
17:30: ANTIGUOKO KE - CADETE A, en El Berrón

Os dous primeiros de grupo clasifícanse para a Fase de Ouro; o terceiro para a Fase de Prata; o cuarto para a Fase de Bronce; e o quinto para unha Fase de Consolación, todo iso a partir do sábado 16 de abril e en formato de liga a unha soa volta.

Pola súa banda, na Primeira Fase cadete sub-15, o Cadete B mídese ao Sporting de Gijón, ADU Carrascal e CE L'Hospitalet, con este calendario:

Xoves 14 de abril
CADETE B 4 (Rubén -2-, Dani e André) - CE L'HOSPITALET 0

Venres 15 de abril
11:30: CADETE B - ADU CARRASCAL, no Estadio Manuel Díaz Veiga
18:45: SPORTING DE GIJÓN - CADETE B, no Berrón

Os dous primeiros de grupo clasifícanse para a Fase de Ouro; o terceiro para a Fase de Prata; e o cuarto para a Fase de Bronce, todo iso a partir do sábado 16 de abril e en formato de liga a unha soa volta.

O Torneo de Extramundi, no que participa o Fabril FC Alevín, xógase mañá venres

O Fabril FC Alevín compite mañá venres 15 de abril no Torneo de Extramundi de Padrón.

O cadro fabrilista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo D, con estes rivais: EFM Boiro, CD Sar B e SD Esclavitud.

O calendario de partidos é o seguinte:

Primeira Fase
10:15: FABRIL FC ALEVÍN - EFM BOIRO (campo 1)
11:55: FABRIL FC ALEVÍN - CD SAR B (campo 1)
13:35: SD ESCLAVITUD - FABRIL FC ALEVÍN (campo 1)

Os dous primeiros clasificados acceden a cuartos de final mentres que os outros dous disputarán unha fase de consolación a partir das 16:00 horas.

A VIII edición do Torneo Vila de Caldas conta co Fabril FC Alevín

A VIII edición do Torneo Vila de Caldas, que se xoga o sábado 16 de abril no campo das Corticeiras, conta no seu cartel co Fabril FC Alevín.

Na Primeira Fase, o equipo fabrilista medirase no grupo A ao EF Portero 2000, Saint Denis D e UD Santa Mariña.

O calendario do Fabril FC Alevín é o seguinte:
09:30: SAINT DENIS D - FABRIL FC ALEVÍN (campo 2)
11:30: FABRIL FC ALEVÍN - EF PORTERO 2000 (campo 1)
14:00: UD SANTA MARIÑA - FABRIL FC ALEVÍN (campo 2)

Os dous primeiros clasificados acceden a cuartos de final mentres que os outros dous disputarán unha fase de consolación a partir das 16:00 horas.

Un equipo infantil do Dépor e o Xuvenil B viaxan mañá a Zubieta

Un equipo infantil do Dépor e o Xuvenil B disputarán a 36ª edición do Torneo Internacional da Real Sociedad.

O Xuvenil B quedou emparellado na Primeira Fase co CA Osasuna e a Real Sociedad.

O calendario de partidos é o seguinte:

Sábado 16 de abril
16:00: XUVENIL B - REAL SOCIEDAD
17:00: PERDEDOR DO PRIMEIRO PARTIDO - CA OSASUNA
18:00: GAÑADOR DO PRIMEIRO PARTIDO - CA OSASUNA

O domingo 17 de abril xógase a Segunda Fase, segundo clasificación; e o luns 18 a xornada final.

Pola súa banda, o equipo Infantil ten como rivais iniciais ao Real Madrid CF, Real Sociedad e CD Kostkas.

O calendario de partidos é o seguinte:

Sábado 16 de abril
11:00: INFANTIL - REAL MADRID CF
17:00: INFANTIL - REAL SOCIEDAD

Domingo 17 de abril
16:00: INFANTIL - CD KOSTKAS

O luns 18 de abril xogarase a xornada final, na que o primeiro de grupo loitará polo título; o segundo, polo terceiro e cuarto posto; o terceiro, polo quinto e o sexto; e o cuarto, polo sétimo e o oitavo.

O Alevín A, subcampión do Torneo do Erizana CF en Baiona

O Alevín A branquiazul participou o pasado martes 12 de abril na X edición do Torneo que organizou o Erizana CF de Baiona (Pontevedra) no campo de fútbol Val do Martín.

O conxunto branquiazul foi subcampión e só foi superado na final polo RC Celta (0-1).

Lucas López ademais foi nomeado mellor porteiro do torneo.

Os resultados do Alevín A foron os seguintes:

Primeira Fase
ALEVÍN A 3 (Iago Lameiro, Hugo González e un futbolista rival en propia meta) - RACING DE FERROL 0
AD VILA DO CORPUS 0 - ALEVÍN A 2 (Hugo González -2-)
UD RIBEIRA 0 - ALEVÍN A 5 (Pablo Somoza -2-, Eito, Iago Lameiro e Iago Varela)

Oitavos de final
ALEVÍN A 8 (Iago Lameiro -3-, Pablo Somoza -2-, Iago Varela e Gabri) - CIDADE DE RIBEIRA CF 0

Cuartos de final
ALEVÍN A 4 (Gabri -2-, José Quiroga e Pablo Somoza) - ESCOLAS DENIS SUÁREZ 2

Semifinal
ALEVÍN A 4 (Gabri -2-, Iago Varela e Pablo Somoza) - CD CALASANZ 2

Final
ALEVÍN A 0 - RC CELTA 1

Medallas de prata para os fabrilistas en Lugo o pasado luns

Os dous conxuntos fabrilistas competiron o pasado luns no Torneo de Semana Santa que organizou o ADC Sagrado Corazón nos campos José María Rodríguez Lago (As Gándaras, Lugo).

Ambos os equipos estiveron a gran nivel e foron brillantes subcampións. Ademais, Iker Obeso foi o mellor xogador en categoría alevín e Brais Araújo o mellor porteiro en benjamines.

O Fabril FC Alevín quedou emparellado no grupo B da Primeira Fase co CD As Pontes, UD Ourense e ACD Piringalla.

Os seus resultados foron os seguintes:

Primeira Fase

FABRIL FC ALEVÍN 3 (Leo, Antón e Thiago Montes) - CD AS PONTES 0
UD OURENSE 2 - FABRIL FC ALEVÍN 0
FABRIL FC ALEVÍN 4 (Íker Obeso -2-, Yael López e Javi Barral) - ACD PIRINGALLA 1

Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 3 (Íker Obeso -3-) - ED XUVENTUDE DE OROSO 1

Semifinal
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Iker Obeso -2-) - UD OURENSE 0

Final
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Yael López -2-) - PABELLÓN OURENSE CF 4

Pola súa banda, o Fabril FC Benxamín tivo a estes rivais no grupo B da Primeira Fase: SDCyR Naron O Freixo, ADC Sagrado Corazón e ED Xuventude de Oroso.

Os seus resultados foron os seguintes:

Primeira Fase
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - SDCyR NARÓN O FREIXO 0
ADC SAGRADO CORAZÓN 0 - FABRIL FC BENXAMÍN 5 (Hugo Quintela -2-, Miguel Candal -2- e Thiago López)
FABRIL FC BENXAMÍN 0 - ED XUVENTUDE DE OROSO 1

Cuartos de final
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Thiago López) - URAL ESPAÑOL CF 0

Semifinais
FABRIL FC BENXAMÍN 2 (Thiago López -2-) - ED XUVENTUDE DE OROSO 1

Final
FABRIL FC BENXAMÍN 1 (Miguel Candal) - PABELLÓN OURENSE CF 7