RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Borges e Valverde reciben o apoio do deportivismo na tenda Orange de Marineda City

Dous dos xogadores máis queridos pola bancada, Celso Borges e Federico Valverde, recibiron o agarimo do deportivismo con motivo do acto de firma de autógrafos na tenda Orange de Marineda City.

Ás 18:00 horas desta tarde, e xa con varias decenas de afeccionados esperando nunha organizada cola, ambos os futbolistas branquiazuis tomaban asento nun estand habilitado para tal fin.

Como é habitual, Borges e Valverde repartiron postais autografiadas preparadas para a ocasión, asinaron en balóns, camisetas do Dépor, gorras, cadernos... e fotografáronse con deportivistas de todas as idades.

Até unha familia de seareiros uruguaios apuraron as súas compras na DéporTienda do piso superior para levar unha camiseta asinada por Borges e especialmente polo seu compatriota Fede Valverde.

En moitos dos que se achegaron aos xogadores púidose escoitar unha frase unha e outra vez: "¡A gañar o sábado!" Unha inxección de moral para afrontar un importante encontro ante o Levante, ás 13:00 horas no Estadio ABANCA-RIAZOR.