RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Borges pide o domingo ante o FC Barcelona "moita concentración para minimizar ao máximo os acertos que teñen"

Celso Borges recoñeceu esta mañá na sala de prensa de Abegondo que, a pesar do cambio no banco, "seguimos cunha idea moi parecida pero con variantes tácticas que el (Pepe Mel) ten e que temos que respectar, en canto a orde defensiva e a maneira de presionar".

A xuízo do mediocentro deportivista, a tranquilidade na clasificación "parte sempre do que nós podamos facer. É importante para nós sempre estar a sumar. Buscar a tranquilidade polos nosos partidos sen esperar resultados para poder nós ter semanas tranquilas de traballo".

En canto á súa traxectoria individual, titular antes para Garitano e agora con Pepe Mel, e autor onte de penalti do seu sexto tanto, sostén Borges que "a miña temporada vai de acorde ao colectivo. Ao final mentres o obxectivo colectivo saia, xa despois faise unha valoración individual da temporada. É bonito estar a axudar no que poida, no que se requira".

Conta sobre o penalti que lle tocou lanzar onte en Riazor, a poucos minutos para o final do partido, que "o feito de adestralo, de vivir esa situación varias veces, axúdache a estar un pouco máis cómodo ante a situación".

Non ten dúbida sobre a decisión do colexiado: "A min dóeme a mandíbula hoxe. É unha falta que se sucede no mediocampo pítana sen dubidar".

Do partido deste domingo 12 de marzo en Riazor ante o FC Barcelona (16:15, Bein Sports), apunta Borges que "da nosa parte ten que haber moita concentración para poder tratar de minimizar ao máximo os acertos que teñen eles".

Advirte sobre o encontro que "en fútbol pasa calquera cousa. Ata que non se xoguen os partidos está todo igual. Ninguén gana nin ninguén perde antes de xogar. A nosa actitude é positiva cara ao xogo e ímola a tomar como outra proba máis".

Desexa ante o conxunto de Luís Enrique "facer un bo partido, facerlle fronte a eles e poder sacar puntos".