RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Borja Jiménez destaca "a comuñón con #ANOSAFORZA" e ter que remontar até tres veces

Borja Jiménez manifestou na sala de prensa de ABANCA-RIAZOR que se marcha "contento por gañar. Tiñamos o debe todo o ano de ser capaces de remontar un partido. Hoxe fixémolo tres veces. A nivel mental, aínda que agora pareza unha bobada, vainos a dar algo que non conseguiramos durante o ano".

Subliña que na primeira parte "estivemos incómodos, moito xogo directo. Nós moi longos en distancias para defender. Non gañabamos os duelos pero é algo habitual en nós por características. Defendemos moitas máis accións que un partido normal. Sabiamos da súa fortaleza en centros. Cada vez que a pelota ía fose era un envío sobre a área. E aí Pablo (Caballero) no remate é dos mellores da categoría. A nivel defensivo non estivemos ben nin nos duelos, nin nas distancias por dentro nin dentro da área. Unha primeira parte con moito gol pero desacertados. Púidonos ese nerviosismo. Tentabamos transmitir aos xogadores máis tranquilidade".

Após o descanso, o adestrador branquiazul opina que "dominamos máis. Quizais non con tantas chegadas como outros días pero necesitabamos facer desde a calma, desde a pelota, atacar moi longo aínda que fose moito máis lento; pero que sentísemos cómodos. Isto íanos a permitir perder a pelota en zonas moi afastadas da nosa portería, onde tivésemos unha gran densidade de xogadores para logo roubala. A primeira parte era imposible. Tiñamos o equipo moi aberto por como somos nós e como entendemos o fútbol".

Confesa estar "contento pola remontada, pola comuñón con #ANOSAFORZA, por todo. No descanso tivemos cos xogadores unha charla bastante longa para saber como temos que conseguir as cousas e démoslle a volta".

Asegura a pesar do sufrimento de hoxe que "non temos que ter dúbidas porque en tres partidos non nos xutaron a portería. Hoxe fixérono máis veces pero non podemos xerar dúbidas por un día onde non puidemos estar acertados. Sabemos cal é a maneira de facer as cousas. Hoxe a nivel individual non estivemos tan ben como outros días pero non a nivel defensivo senón a nivel ofensivo sobre todo nos primeiros minutos con situacións moi claras para facer gol. Non acertamos nin no remate nin na toma de decisións. Xerounos desconfianza o primeiro gol pero démoslle a volta. Non nos vai a xerar dúbidas o traballo do equipo a nivel defensivo cando é un dos menos goleados. Hoxe non estivemos ao mellor nivel, pero dubidas ningunha".

Pola súa banda, Carlos Pérez Salvachúa, adestrador do CD Tudelano, quixo sacar na sala de prensa "un sorriso a pesar da derrota porque a valoración é moi boa e admirable. Non se que adxectivos usar porque gañar aquí non é fácil. A xente da Coruña dime que fomos dos mellores equipos que pasou por ABANCA-RIAZOR. Perdemos 4-3 e tivemos tres paus. Os goles encaixados foron de córner e unha falta. Demos a cara e tivemos momentos ante un Dépor que creou menos ocasións que noutros partidos; que só encaixara oito goles. Nós fixemos tres. Unha valoración positiva menos polo resultado".