Alevín A e Fabril FC Alevín (na foto da noticia) participaron ao longo do día de hoxe mércores no campo coruñés da Grela na XVI edición do Torneo de Nadal que organiza cada Nadal o Ural Español CF.
Despois dunha brillante primeira fase, ambos os equipos víronse as caras en semifinais. Impuxéronse (5-0) loxicamente os branquiazuis, futbolistas un ano maior que os fabrilistas co que iso supón a estas idades.
O Alevín A foi subcampión do torneo ao caer pola mínima (0-1) nunha rifada final ante o RC Celta.
Pola súa banda, o Fabril FC Alevín colgouse a medalla de bronce ao gañar (2-1) no partido polo terceiro e cuarto posto ao Bertamiráns FC.
Este venres 29 o Alevín A xoga a VI edición do Torneo de Nadal Concello de Vigo, competición que se disputa no campo de Pahíño (Navia).
Pecha a semana o Fabril FC Benxamín que, dividido en dous equipos, compite o sábado 30 no X Torneo Indoor Arousa Fútbol 7, no complexo da Senra (Ribadumia).
Finalmente o Fabril puxo fin hoxe mércores 27 de xaneiro o punto e final ás súas vacacións do Nadal.
Óscar Gilsanz citou ao seu cadro na Cidade Deportiva ás 18:00 para comezar a preparar a primeira cita do ano 2024, en Abegondo ante o Real Oviedo Vetusta o domingo 7 de xaneiro ás 18:00 (Youtube RC Deportivo e TVG-2).
Os fabrilistas son décimo terceiros na clasificación do grupo 1º de Segunda Federación con 17 puntos.
Están de baixa por lesión Diego Gómez e Martín Ochoa, este en dinámica do primeiro equipo. Ademais Mella, Rubén, Kevin, Marc e Iano Simão adestráronse hoxe ás ordes de Imanol Idiakez.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Categoría alevín
XVI Torneo de Nadal do Ural Español CF no campo da Grela (A Coruña)
Mércores 27 de decembro
Primeira Fase
ALEVÍN A 2 (Manu Sande e Álvaro Gómez) - CD CALASANZ 1
ALEVÍN A 7 (David Gómez -2-, Jorge Fernández, Hugo Luaces, Manu Sande e Rui Caamaño) - RACING DE FERROL 0
ALEVÍN A 3 (Hugo Macedo, Rui Caamaño e David Gómez) - ED LUÍS CALVO SANZ 0
Cuartos de final
ALEVÍN A 6 (Álvaro Gómez -2-, David Gómez -2-, Iván Gil e Manu Sande) - EF LALÍN 0
Semifinal
ALEVÍN A 5 (Álvaro Gómez -2-, Manu Sande, Nacho Villanueva e Martín López) - FABRIL FC ALEVÍN 0
Final
ALEVÍN A 0 - RC CELTA 1
VI Torneo Internacional do Nadal Concello de Vigo no campo Pahíno (Navia)
Venres 29 de decembro
Primeira Fase
9:30: ALEVÍN A - EQUIPO FINALISTA TORNEO NADAL DE VIGO (campo 2)
10:50: ALEVÍN A - FC PORTO (campo 2)
12:10: ALEVÍN A - AD LOUSADA (campo 2)
Segundo clasificación, os equipos pasarán á Fase Final, que se xoga a continuación
XVI Torneo de Nadal do Ural Español CF no campo da Grela (A Coruña)
Mércores 27 de decembro
Primeira Fase
URAL ESPAÑOL CF B 0 - FABRIL FC ALEVÍN 3 (Thiago López, Miguel Candal e Alejandro Astray)
FABRIL FC ALEVÍN 9 (Hugo Quintela -3-, Miguel Candal -2-, Nico Rodríguez-Ponce, Alejandro Astray e Xiao Fontao) - EF LALÍN 0
FABRIL FC ALEVÍN 1 (Pablo Sánchez) - PABELLÓN OURENSE CF 0
Cuartos de final
FABRIL FC ALEVÍN 0 - ED LUÍS CALVO 0. A penaltis: 3-2
Semifinal
FABRIL FC ALEVÍN 0 - DÉPOR 5
Terceiro e cuarto posto
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Hugo Álvarez e Miguel Candal) - BERTAMIRÁNS FC 1
Categoría benxamín
X Torneo Indoor Arousa Fútbol 7 na Senra (Ribadumia)
Sábado 30 de decembro
Primeira Fase
10:28: VILAGARCÍA SD B - FABRIL FC BENXAMÍN A
11:12: FABRIL FC BENXAMÍN B - CIRE MELIDE
13:46: FABRIL FC BENXAMÍN A - ED XUVENTUDE DE OROSO
15:15: FABRIL FC BENXAMÍN B - UD SANTA MARIÑA
17:27: FABRIL FC BENXAMÍN A - RC CELTA B
18:33: ALTO DO VENTO FS - FABRIL FC BENXAMÍN B
Os dous primeiros de cada grupo pasarán a cuartos de final, que arrincan a continuación
