Cádiz e Tarragona apoian a construción de novos estadios para os seus clubs de fútbol
Os Concellos de Cádiz e Tarragona apoian a construción de estadios
novos para os seus respectivos clubs de fútbol, o Cádiz e o Nastic,
ambos precisamente en Segunda División.
A alcaldesa gaditana, Teófila Martínez, reuniuse co
Presidente do Cádiz, Antonio Muñoz, para impulsar un apoio que é fundamental
para o equipo amarelo, que este ano tenta retornar á elite.
Pola súa banda, en Tarragona, o Concello recalificó os terreos
que actualmente ocupa o Estadi Olimpic, escenario dos partidos do Nastic,
no que se levantarán edificios de protección oficial. Para iso, o Alcalde
da cidade, Joan Miquel Nadal, reunirase proximamente cos dirixentes do
Nastic para afrontar a construción dun novo estadio, que terá un aforamento
entre 15.000 e 20.000 persoas.
Namentres, na Coruña, o Deportivo agarda ser recibido no
Palacio Municipal de María Pita para mostrar, tras dous anos de espera, un
proxecto de novo Estadio de Riazor deseñado polo prestixioso arquitecto
norteamericano Peter Eisenman.