O empate (0-0) do Cadete branquiazul, sen competición ligueira esta semana, esta tarde nun amigable ante o Atlético Arteixo de categoría xuvenil abriu o calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA.
O conxunto branquiazul lidera a División de Honra con 33 puntos, con 5 de vantaxe sobre o RC Celta, 2º con 28 puntos.
Ademais, o Cadete celebra a citación de José Rey pola selección española sub-16 para o Torneo Internacional Albir Garden na localidade alacantina de Alfaz del Pí, do mércores 23 ao domingo 27 deste mes.
O atacante deportivista incorporarase á concentración de España este próximo luns 21 de novembro e emprenderá viaxe de regreso o domingo 27.
Pola súa banda, a xornada da fin de semana ten o seu epicentro o domingo ao mediodía.
En Abegondo (12:00), o Fabril recibe ao Silva SD no derbi coruñés da categoría.
Despois dunha fin de semana de descanso ligueiro, os fabrilistas regresan á competición encarados unha semana máis no máis alto da táboa, pero con varios dos seus integrantes estes días en dinámica do primeiro equipo polas lesións no cadro de Óscar Cano.
Esta circunstancia motivou o debut en partido oficial (o sábado pasado en Copa do Rei en Guijuelo) co Deportivo de Dani Barcia e Ángel Puerto. Tamén xogou ao longo do choque Brais Val pero non así Nájera, que quedou no banco.
Tamén no máis alto de Primeira Nacional está o Deportivo ABANCA B, que visita ás 12:30 ao Lóstrego CF, un dos equipos da zona alta da táboa.
As branquiazuis móstranse sólidas en Abegondo e fiables a domicilio, onde cultivaron no que vai de liga 1 empate (na 1ª xornada ante o Victoria CF) e 2 vitorias.
O sábado 19, ademais dos alevíns e o Benxamín A na Torre, o Orzán SD Cadete Feminino recibe ao CF Noia (16:15, Elviña Grande) e o Orzán SD Infantil Feminino ao AD Cristo Rey (16:00, Elviña Pequeno). Fóra de casa o Xuvenil B visita ao UD Ourense en Coles (12:30).
O domingo, ademais de Fabril e Deportivo ABANCA B, o Orzán SD Xuvenil Feminino mídese na Torre (16:00) ao CD Lugo. Fóra, o Xuvenil A visita ao Coruxo FC (12:00 en Fragoselo, Vigo) e o Orzán SD Cadete B Feminino á Unión Campestre FC (18:15 no Redondo, Montrove).
Esta semana non compiten os dous equipos cadetes e os dous infantís debido á participación da Selección Galega na primeira fase do Campionato de España; ademais do Fabril FC Benxamín, ao que lle toca descansar nesta xornada no subgrupo 1º de Primeira A Coruña - As Mariñas.
O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:
Terceira RFEF
9ª xornada: FABRIL - SILVA SD, o domingo 20 de novembro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Fabril, 18 puntos; 2. UD Ourense e Racing Villalbés, 17 puntos... 8. Silva SD, 10 puntos...
Categoría feminina
10ª xornada: LÓSTREGO CF - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 20 de novembro ás 12:30 no campo da Gándara (Chaín, Gondomar)
Clasificación da Primeira Nacional: 1. Deportivo ABANCA B, 25 puntos; 2. Sporting de Gijón, 22 puntos; 3. Real Oviedo B, Victoria CF e Lóstrego CF, 19 puntos...
11ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO - CD LUGO, o domingo 20 de novembro ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Orzán SD Xuvenil Feminino, 26 puntos; 2. Sárdoma CF B, 25 puntos; 3. Bergantiños CF e CD Lugo, 22 puntos...
7ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMININO - CF NOIA, o sábado 19 de novembro ás 16:15 en Elviña (grande)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo A: 1. Orzán SD Cadete Feminino e Colegio Obradoiro, 15 puntos; 3. Victoria CF, 12 puntos; 4. CF Noia e Silva SD, 9 puntos...
7ª xornada: UNIÓN CAMPESTRE FC - ORZÁN SD CADETE B FEMININO, o domingo 20 de novembro ás 18:15 no campo de fútbol do Redondo (Montrove)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: 1. Unión Campestre e Orzán SD Cadete B Feminino, 18 puntos; 3. Eirís SD, Atlético San Pedro e Orillamar SD, 13 puntos...
6ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO - AD CRISTO REY, o sábado 19 de novembro ás 16:00 en Elviña (pequeno)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo A: 1. SCD Pastoriza, 12 puntos; 2. Orzán SD Infantil Feminino e UC Cee (un partido máis), 9 puntos; 4. SCD Milagrosa, 6 puntos; 5. Santa Cruz CF e AD Cristo Rey, 4 puntos...
Categoría xuvenil
11ª xornada: CORUXO FC - XUVENIL A, o domingo 20 de novembro ás 12:00 en Fragoselo (Coruxo, Vigo)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 27 puntos; 2. Sporting de Gijón, 25 puntos; 3. Xuvenil A, 24 puntos; 4. Real Racing Club, 18 puntos... 8. Coruxo FC, 12 puntos...
11ª xornada: UD OURENSE - XUVENIL B, o sábado 19 de novembro ás 12:30 en Albán (Coles)
Clasificación da Liga Nacional: ... 3. Pabellón Ourense CF e ED Val Miñor Nigrán, 19 puntos; 5. CD Choco, 18 puntos; 6. Xuvenil B, CVC Valladares, Atlético Coruña Montañeros CF e Bergantiños CF, 17 puntos; 10. ED Xuventude de Oroso, 15 puntos...
Categoría cadete
Amigable: ATLETICO ARTEIXO (xuvenil) 0 - CADETE 0
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 33 puntos; 2. RC Celta, 28 puntos... 15. San Tirso SD Cadete, 11 puntos...
Categoría infantil
1. Infantil, 25 puntos; 2. RC Celta e ED Val Miñor Nigrán, 24 puntos; 4. Ural Español CF, 20 puntos...10. San Tirso SD Infantil, 9 puntos...
Categoría alevín
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 3ª xornada: ALEVÍN A - URAL ESPAÑOL CF, o sábado 19 de novembro ás 11:30 na Torre (campo 1.1)
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 2º, 3ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - ATLÉTICO ARTEIXO, o sábado 19 de novembro ás 10:30 na Torre (campo 2.2)
Categoría benxamín
Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º, 3ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - BENXAMÍN A, o sábado 19 de novembro ás 11:00 na Torre (campo 3.1)
