RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Calendario da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, con maratón de partidos mañá sábado en Abegondo

O partido correspondente á Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 2º de fútbol 8 entre o Fabril FC Alevín e o San Tirso SD, onte xoves en Abegondo, abriu o calendario de partidos desta semana en #ANOSACANTEIRA.

Os fabrilistas lograron a vitoria (8-4) nun entretido partido que deixa aos gañadores máis líderes.

Esta semana, #ANOSACANTEIRA volve estar de parabén posto que Elena Vázquez participou onte xoves coa selección española sub-17 nun amigable ante Alemaña, saldado con triunfo hispano (4-0).

Con 15 anos e con ficha do Orzán SD Cadete de Liga Galega, a defensora é titular no Orzán SD Xuvenil Feminino de Primeira Autonómica (categoría sénior) e tamén goza de minutos no Deportivo ABANCA B.

Así mesmo, Kevin Sánchez e Manu Berrocal, futbolistas do Xuvenil A, están citados para un amigable da Selección Española Sub-18 masculina ante Italia o vindeiro mércores 18 de xaneiro ás 14:30 no Centro Técnico da Federación Italiana de Fútbol en Coverciano.

Ambos os xogadores incorporaranse á concentración española o luns 16 de xaneiro após disputar co Xuvenil A o seu partido ligueiro na División de Honra ante o CD Lugo en Abegondo mañá sábado 14 ás 16:30.

Os pupilos de Manuel Pablo coñeceron esta semana que o seguinte rival en Copa do Rei o próximo 25 de xaneiro, tamén na Cidade Deportiva e a partido único, será o Atlético de Madrid.

Precisamente mañá sábado, co Xuvenil A, haberá unha intensa xornada de partidos.

O filial feminino, o Dépor ABANCA B, recibe ao Victoria FC de Santiago a partir das 16:30. As pupilas de Kevin Cabado, líderes de Primeira Nacional, contan con 7 puntos de vantaxe respecto do seu inmediato perseguidor, o Sporting de Gijón.

Causan baixa Paula Monteagudo, citada polo primeiro equipo para viaxar a Granada; así como Noela e Celia, lesionadas. Así pois, as convocadas para este partido son: Nuria Gómez, Paula Novo, María Calvo, Uxía Cabada, Lucía Mariño, Elena López 'Cusi', Lucía Couto, Carmen Carballada, Laura Testa, Marta Rico, Tati e Laura Otero; ademais de Martina (xuvenil do Orzán SD); e Elena Vázquez, Abril Pazos, Laura Santos, Macarena González e Lucía Rivas (cadetes do Orzán SD).

Ademais do Alevín A e dos dous benxamíns na Torre, tamén xogan en casa o Xuvenil B (12:00 no campo 3 de Abegondo ante o CD Calasanz), Cadete (11:00 no campo 6 de Abegondo fronte ao Rápido de Bouzas), San Tirso SD Cadete (11:00 no Monte ante o Arosa SC) e Orzán SD Infantil Feminino (12:30 en Elviña Pequeno ante o SCD Milagrosa).

Fóra competirán unicamente os infantís masculinos: o Dépor en San Pedro de Visma (10:00) ante o Ural Español CF e o San Tirso SD Infantil na Madroa (12:00) co RC Celta como rival.

Para o domingo ás 12:00 queda o partido do Fabril, líder de Tercera RFEF, en Abegondo ante o UD Paiosaco H. Añón. Será o primeiro encontro da segunda volta para os xogadores que dirixe Óscar Gilsanz.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con control de accesos á Cidade Deportiva para o partido, que poderá verse na canle de YouTube do RC Deportivo.

Todo o público debe retirar entrada, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional para todas as persoas socias do RC Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir o seu ID de socio e 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada. Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única persoa pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición, localización e aforamento na instalación. O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aquelas persoas socias que vaian poder acudir ao partido, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100% telemático.

Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Na Torre, o Orzán SD Xuvenil Feminino mídese ao Victoria FC B (16:00) e o Orzán SD Cadete B Feminino ao Cultural Maniños (18:00 horas) no punto e final a esta xornada ligueira.

Esta semana tócalle descanso ao Orzán SD Cadete Feminino no subgrupo A da Liga Galega.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Tercera RFEF
16ª xornada: FABRIL - UD PAIOSACO H. AÑÓN, o domingo 15 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Fabril, 32 puntos; 2. Racing Villalbés, 28 puntos... 15. UD Paiosaco H. Añón, 12 puntos...

Categoría feminina
15ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - VICTORIA FC, o sábado 14 de xaneiro ás 16:15 en Abegondo
Clasificación da Primeira Nacional: 1. Deportivo ABANCA B, 40 puntos; 2. Sporting de Gijón, 33 puntos... 10. Victoria FC, 19 puntos...

16ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL FEMININO - VICTORIA FC B, o domingo 15 de xaneiro ás 16.00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Sárdoma CF B, 38 puntos; 2. Orzán SD Xuvenil Feminino, 37 puntos; 3. CD Lugo, 35 puntos; 4. Bergantiños CF, 34 puntos; 5. Victoria FC B, 29 puntos...

Clasificación da Liga Galega cadete, subgrupo A: 1. Orzán SD Cadete Feminino, 30 puntos; 2. Victoria CF, 24 puntos...

12ª xornada: ORZÁN SD CADETE B FEMININO - CULTURAL MANIÑOS, o domingo 15 de xaneiro ás 18:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Segunda Autonómica, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Cadete B Feminino, 33 puntos; 2. Atlético San Pedro, 28 puntos... 8. Cultural Maniños, 16 puntos...

11ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO - SCD MILAGROSA, o sábado 14 de xaneiro ás 12:30 en Elviña Pequeno (A Coruña).
Clasificación da Liga Galega infantil, subgrupo A: 1. SCD Pastoriza, 27 puntos; 2. Orzán SD Infantil Feminino, 21 puntos; 3. UC Cee, 18 puntos; 4. SCD Milagrosa (un partido menos), 12 puntos...

Categoría xuvenil
16ª xornada: XUVENIL A - CD LUGO, o sábado 14 de xaneiro ás 16:30 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 39 puntos; 2. Sporting de Gijón, 38 puntos; 3. RC Celta, 37 puntos; 4. Real Racing Club, 28 puntos; 5. CD Lugo, 23 puntos...

16ª xornada: XUVENIL B - CD CALASANZ, o sábado 14 de xaneiro ás 12:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da Liga Nacional: ... 3. ED Val Miñor Nigrán, 29 puntos; 4. CD Choco, 28 puntos; 5. Atlético Coruña Montañeros CF, 27 puntos; 6. Xuvenil B e Pabellón Ourense CF, 26 puntos; 8. Bergantiños CF, 23 puntos... 18. CD Calasanz, 3 puntos

Categoría cadete
18ª xornada: CADETE - RÁPIDO DE BOUZAS, o sábado 14 de xaneiro ás 11:00 en Abegondo (campo 6)

18ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - AROSA SC, o sábado 14 de xaneiro ás 11:00 no Monte (San Tirso)

Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 49 puntos; 2. RC Celta, 46 puntos; 3. Arosa SC, 35 puntos... 12. Rápido de Bouzas, 22 puntos... 15. San Tirso SD Cadete, 21 puntos...

Categoría infantil
15ª xornada: URAL ESPAÑOL CF - INFANTIL, o sábado 14 de xaneiro ás 10:00 en San Pedro de Visma (campo 2)

15ª xornada: RC CELTA - SAN TIRSO SD INFANTIL, o sábado 14 de xaneiro ás 12:00 na Madroa (campo 2)

Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 39 puntos; 2. ED Val Miñor Nigrán, 36 puntos; 3. Infantil, 34 puntos; 4. Pabellón Ourense CF, 29 puntos; 5. Ural Español CF, 28 puntos... 12. San Tirso SD Infantil, 14 puntos...

Categoría alevín
8ª xornada: ALEVÍN A - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, o sábado 14 de xaneiro ás 13:30 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º: 1. Alevín A, 21 puntos; 2. Atlético Coruña Montañeros CF, 19 puntos; 3. Ural Español CF, 15 puntos...

8ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN 8 (Álvaro Gómez -3-, Iván Gil -2-, David Gómez -2- e Martín López) - SAN TIRSO SD 4
Clasificación da Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 2º: 1. Fabril FC Alevín (un partido máis), 22 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz, 18 puntos; 3. Atlético San Pedro, 15 puntos...

Categoría benxamín
8ª xornada: CD CALASANZ - BENXAMÍN A, o sábado 14 de xaneiro ás 9:30 na Torre (campo 3.1)

8ª xornada: FABRIL FC BENXAMÍN - ORILLAMAR SD A, o sábado 14 de xaneiro ás 10:30 na Torre (campo 3.1)

Clasificación da Primeira A Coruña - As Mariñas, subgrupo 1º: 1. Benxamín A, 18 puntos; 2. CD Calasanz e Ural Español CF, 15 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF (un partido máis), 13 puntos; 5. Fabril FC Benxamín, 10 puntos; 6. Victoria CF (un partido máis), 9 puntos; 7. Orillamar SD A, 3 puntos...