RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario de amigables desta semana en ANOSACANTEIRA, con partido xa este martes para o San Tirso SD Cadete e o Infantil

ANOSACANTEIRA arrinca unha intensa semana de pretemporada, con 11 partidos confirmados.

Os dous primeiros equipos en entrar en xogo son este martes 26 de agosto o San Tirso SD Cadete, ás 18:30 no Monte ante o San Tirso SD de categoría xuvenil; e o Infantil, ás 19:30 no campo de herba artificial de Abegondo ante o Imperátor OAR de categoría cadete.

En canto ao resto de equipos sobresae o partido do Fabril, que estrea o campo principal de Abegondo este sábado 30 de agosto ás 12:00 ante o Bergantiños CF. O encontro será a porta pechada debido ás obras na instalación branquiazul.

Será o oitavo amigable nesta pretemporada para o equipo fabrilista após o do CD Arenteiro en Abegondo (2-2), o do Racing de Ferrol en Narón (3-2), o da SD Compostela en Arzúa (0-2), o do CD Estradense na Estrada (0-3), o do Arteixo en Ponte dos Brozos (0-1), o da SD Sarriana en Pontedeume (1-3) e o do Atlético Coruña Montañeros CF en Abegondo (2-1).

Teñen dobre cita o Xuvenil A, Xuvenil B (na foto da noticia) e Cadete; ademais dun segundo partido do Infantil, o sábado en Cedeira ante o Racing de Ferrol; e do San Tirso SD Infantil, o mércores no Monte ante o Atlético Coruña Montañeros CF.

O calendario de partidos xa confirmados é o seguinte:

Segunda Federación
FABRIL - BERGANTIÑOS CF, o sábado 30 de agosto ás 12:00 en Abegondo (campo principal)

Categoría xuvenil
SD CULTURAL MANIÑOS (Preferente Autonómica) - XUVENIL A, o mércores 27 de agosto ás 19:30 no campo de O Pote (Maniños)
AD MIÑO (Preferente Autonómica) - XUVENIL A, o sábado 30 de agosto ás 20:00 no campo de Gallamonde (Miño)

OLÍMPICO CF (Primera Autonómica) - XUVENIL B, o venres 29 de agosto ás 20:00 no Complexo Deportivo de Rutis (Vilaboa)
XUVENIL B - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF A, o sábado 30 de agosto ás 10:30 en Abegondo (campo de herba sintética)

Categoría cadete
CD BOIRO (xuvenil) - CADETE, o mércores 27 de agosto ás 19:30 en Barraña (Boiro)
CADETE - IMPERÁTOR OAR (xuvenil), o venres 29 de agosto ás 17:00 en Abegondo (campo de herba sintética)

SAN TIRSO SD (xuvenil) - SAN TIRSO SD CADETE, este martes 26 de agosto ás 18:30 no Monte

Categoría infantil
INFANTIL - IMPERÁTOR OAR (cadete), este martes 26 de agosto ás 19:30 en Abegondo (campo de herba artificial)
RACING DE FERROL B (cadete) - INFANTIL, o sábado 30 de agosto ás 19:30 en O Beco (Cedeira)

SAN TIRSO SD INFANTIL - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEIROS CF, o mércores 27 de agosto ás 12:30 no Monte