RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, co Dépor ABANCA B en Avilés como partido destacado

A falta de arrincar as competicións en categoría cadete e infantil, en ANOSACANTEIRA feminina sobresae esta fin de semana o partido do Dépor ABANCA B ante o Real Avilés Industrial, este sábado 27 de setembro ás 16:15 no campo de La Toba.

Despois do triunfo da pasada fin de semana en Abegondo ante o Atlético de Madrid C, As Nosas marchan, con 7 puntos, na 4ª posición da táboa.

Está dispoñible para o técnico Sandro Nogueira Antía Veiga, que esta semana representou a ANOSACANTEIRA nuns adestramentos da selección española sub-17 en Alfaz del Pi (Alacante).

Pola súa banda, o Real Avilés Industrial, con 1 punto, é 11º na táboa.

Ambos os equipos víronse as caras esta pasada pretemporada nun amigable disputado en Tapia de Casariego. Venceu por 0-1 o Dépor ABANCA B.

En canto ao resto de categorías, o domingo 28 de setembro o Orzán SD Sub-21 (na foto da noticia) recibe ao EFM Concello de Boiro na Torre ás 12:15 mentres que o Orzán SD Xuvenil visita ao Sárdoma CF B ás 16:30 nas Relfas.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
4ª xornada: REAL AVILÉS INDUSTRIAL - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 27 de setembro ás 16:15 no campo de La Toba (nº 2)
Clasificación: 1. Real Racing Club, RC Celta e Athletic B, 9 puntos; 4. Deportivo ABANCA B, 7 puntos; 5. Sporting de Gijón, 5 puntos... 11. Real Avilés Industrial, 1 punto...

Tercera Federación
2ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - EFM CONCELLO DE BOIRO, o domingo 28 de setembro ás 12:15 na Torre (campo 2)

Primera Autonómica
2ª xornada: SÁRDOMA CF B - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 28 de setembro ás 16:30 nas Relfas