RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, con inicio de liga para o Orzán SD Sub-21 e Orzán SD Xuvenil

No calendario de ANOSACANTEIRA feminina destaca o partido do Deportivo ABANCA B, que recibe ao Atlético de Madrid C este domingo 21 de setembro ás 12:00 no campo de herba sintética de Abegondo.

As Nosas, que empataron a pasada fin de semana en Getxo ante o Bizkerre Club, suman 4 puntos na 5ª posición.

Pola súa banda, o Atlético de Madrid C ten 1 punto, situado na 12ª posición. As madrileñas chegan á Cidade Deportiva despois de caer por 5-0 a pasada fin de semana ante o RC Celta.

Tamén arrincan as ligas o Orzán SD Sub-21 en Tercera Federación e o Orzán SD Xuvenil en Primera Autonómica.

As primeiras visitan este sábado 20 de setembro ás 16:00 ao RC Celta B mentres que as segundas reciben na Torre o domingo 21 ás 18:00 ao Atlético San Pedro.

O calendario de partidos é o seguinte:

Segunda Federación
3ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - ATLÉTICO DE MADRID C, o domingo 21 de setembro ás 12:00 en Abegondo

Tercera Federación
1ª xornada: RC CELTA B - ORZÁN SD SUB-21, o sábado 20 de setembro ás 16:00 na Madroa (campo 2)

Primera Autonómica
1ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - ATLÉTICO SAN PEDRO, o domingo 21 de setembro ás 18:00 en La Torre (campo 2)