A visita do Deportivo ABANCA B ao Sporting de Gijón, este sábado 8 de novembro ás 16:00 en Mareo, é o encontro máis destacado en ANOSACANTEIRA feminina.
As deportivistas, con 10 puntos, transitan pola zona media da táboa de Segunda Federación.
Ademais, até 4 futbolistas do filial participaron este mércores no partido de Copa do primeiro equipo en Las Palmas de Gran Canaria: Michi Apóstol, Redru, Carmen e Lucía Rivas.
Tamén o sábado 8 o Orzán SD Cadete enfróntase na Torre (18:00) ao SCD Milagrosa, rival directo na cabeza da táboa.
Para o domingo quedan outros 3 encontros.
En casa, concretamente na Torre (18:00), o Orzán SD Sub-21 (na foto da noticia) recibe ao PM Friol cos dous equipos igualados a 11 puntos na 2ª posición da Primera Autonómica.
E fóra o Orzán SD Xuvenil visita ao Victoria CF B (18:00 no campo Víctor Fernández Alonso) e o Orzán SD Infantil B ao UD Cerqueda (12:00 en Xaviña, Buño).
Finalmente, o partido da 6ª xornada no grupo 1º da Liga Galega entre o Sporting Burgo e o Orzán SD Infantil A xogarase o mércores 12 de novembro a partir das 18:30 no campo da Lavandeira en Culleredo.
As orzanistas lideran o grupo con 13 puntos por 12 do Victoria CF.
O calendario de partidos é o seguinte:
Segunda Federación
9ª xornada: SPORTING DE GIJÓN - DEPORTIVO ABANCA B, o sábado 8 de novembro ás 16:00 en Mareo
Clasificación: ... 5. Sporting de Gijón, 14 puntos; 6. Madrid CFF B e Burgos CF, 11 puntos; 8. Deportivo ABANCA B, 10 puntos; 9. Olímpico de León, 8 puntos...
Tercera Federación
7ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - PM FRIOL, o domingo 9 de novembro ás 18:00 na Torre (campo 2)
Clasificación: 1. RC Celta B, 18 puntos; 2. PM Friol e Orzán SD Sub-21, 11 puntos; 4. Bergantiños CF e Victoria FC, 10 puntos...
Primera Autonómica
8ª xornada: VICTORIA CF B - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 9 de novembro ás 18:00 no campo Víctor Fernández Alonso
Clasificación: ... 4. Victoria CF B, 16 puntos... 10. Sporting Burgo, 7 puntos; 11. Orzán SD Xuvenil, 6 puntos; 12. Sporting Cambre, SR Calo e UD Carral, 4 puntos...
Liga Galega cadete
6ª xornada: ORZÁN SD CADETE - SCD MILAGROSA, o sábado 8 de novembro ás 18:00 na Torre (campo 2)
Clasificación: 1. Orzán SD Cadete, 13 puntos; 2. SCD Milagrosa e Victoria CF, 12 puntos...
Liga Galega infantil
Grupo 1º, 6ª xornada: SPORTING BURGO - ORZÁN SD INFANTIL A, o mércores 12 de novembro ás 18:30 no campo da Lavandeira (Culleredo)
Clasificación: 1. Orzán SD Infantil A, 13 puntos; 2. Victoria CF, 12 puntos; 3. Racing de Ferrol, 10 puntos... 9. Sporting Burgo, 0 puntos
Grupo 2º, 6ª xornada: UD CERQUEDA - ORZÁN SD INFANTIL B, o domingo 9 de novembro ás 12:00 en Xaviña (Buño)
Clasificación: 1. UD Cerqueda e SCD Pastoriza 12 puntos; 3. Bergantiños CF, 10 puntos; 4. Victoria FC, 9 puntos; 5. Orzán SD Infantil B, 8 puntos; 6. AD Cristo Rey, 7 puntos...
