RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
ACTUALIDADE

Calendario de partidos da fin de semana en #ANOSACANTEIRA, co Xuvenil B tamén en competición ligueira

Esta fin de semana arranca a Liga Nacional o Xuvenil B que dirixen Alejandro Antón e Aldo Duscher. Debutará o sábado 7 de novembro (16:00 horas) en Vilalba ante o Racing Vilalbés. Tamén o sábado regresa á competición o Deportivo ABANCA B trala súa xornada de descanso da pasada fin de semana. As pupilas de Kevin Cabado reciben na Cidade Deportiva ao Victoria FC a partir das 16:00 horas, nun encontro a porta pechada.

Para o domingo quedan os encontros na Cidade Deportiva do Fabril ante o CSD Arzúa (16:30) e do Xuvenil A ante o CD Calasanz (19:00). Ambos serán a porta pechada debido á pandemia de COVID-19.

O calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA é o seguinte:

Terceira División
Subgrupo A, 4ª xornada: FABRIL - CSD ARZÚA, o domingo 8 de novembro ás 16:30 en Abegondo
Clasificación: 1. UD Somozas, 7 puntos; 2. Viveiro CF, 6 puntos; 3. Fabril e Bergantiños FC, 5 puntos; 5. Racing Villalbés, 4 puntos...

Categoría feminina
Primeira Nacional, subgrupo A, 3ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - VICTORIA FC, o sábado 7 de novembro ás 16:00 en Abegondo (campo 5)

Categoría xuvenil
División de Honra, subgrupo A, 2ª xornada: XUVENIL A - CD CALASANZ, o domingo 8 de novembro ás 19:00 en Abegondo

Liga Nacional, subgrupo A, 1ª xornada: RACING VILLALBÉS - XUVENIL B, o sábado 7 de novembro ás 16:00 no Estadio Roca (Vilalba)