O calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA para esta fin de semana deixa unha intensa xornada de fútbol mañá sábado en Abegondo.
Ás 17:00, o Fabril volve á competición despois do parón do pasado a consecuencia dos compromisos da Selección Galega na Fase Intermedia da Copa das Rexións UEFA. Os pupilos de Óscar Gilsanz, instalados no grupo de cabeza, reciben ao CSD Arzúa, tamén da zona alta. Os convocados no Fabril son os seguintes: Ríos, Brais Suárez, Currás, Marc, Fito, Dani Barcia, Puerto, Marcel, Iano Simao, Brais Val, Barba, Jairo, Iñaki, Diego Gómez, Jesús Ares, Nájera, Iván e Martín Ochoa.
A esa mesma hora, o filial feminino, líder en solitario da Primeira Nacional, mídese na Cidade Deportiva ao Real Avilés CF. As pupilas de Kevin, con moitas futbolistas con minutos de xogo en amigables e en partidos oficiais no primeiro equipo de Primera Federación FutFem, están a protagonizar un gran arranque de temporada. As citadas no Dépor ABANCA B son: Nuria Gómez, Reigosa, Paula Novo, María Calvo, Celia, Lucía Couto, Lucía Mariño, Uxía Cabada, Carmen Carballada, Laura Testa, Paula Monteagudo, Marta Rico, Tati, Noela, Laura Otero; ademais de Antia Brage (xuvenil do Orzán SD), e Abril e Lucía Rivas (cadetes do Orzán SD).
Ademais, o Cadete recibe ao Viveiro CF (11:30, Abegondo), o Infantil ao CD Areosa (11:30, Abegondo) e o Orzán SD Cadete Feminino ao Bergantiños CF (18:00, A Torre).
Fóra de casa, o Xuvenil B visita ao Atlético Coruña Montañeros CF (10:00, A Grela 1), o Orzán SD Infantil Feminino ao UC Cee (16:30, Sampaio dous Refoxos) e o San Tirso SD Infantil ao EF Denis Suárez (16:30, Salceda de Caselas).
Na xornada do domingo destaca o partido do Xuvenil A en Abegondo ás 12:00 ante o Arosa SC. Os pupilos de Manuel Pablo chegan ao partido na zona alta da táboa e despois de golear á SD Compostela (1-7) a pasada fin de semana.
Tamén na xornada dominical, o San Tirso SD Cadete recibe en O Monte (10:30) ao Ural Español CF e o Orzán SD Cadete B Feminino de Segunda Autonómica en A Torre (16:00) ao Bergantiños CF.
Pecha a fin de semana en #ANOSACANTEIRA o choque do Orzán SD Xuvenil Feminino en Tordoia (17:00), na Primeira Autonómica.
Finalmente continúan con amigables os fabrilistas alevíns e benxamíns mañá sábado, despois do Torneo de Lalín do Alevín A e Benxamín A disputado onte mércores.
O calendario de partidos é o seguinte:
Terceira RFEF
5ª xornada: FABRIL - CSD ARZÚA, mañá sábado 15 de outubro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación: 1. Silva SD, UD Somozas, Fabril e UD Ourense, 8 puntos; 5. CD Estradense, Racing Villalbés e Arosa SC, 7 puntos; 8. CSD Arzúa, 6 puntos...
Categoría feminina
6ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - REAL AVILÉS CF, mañá sábado 15 de outubro ás 17:00 en Abegondo
Clasificación da Primeira Nacional: 1. Deportivo ABANCA B, 13 puntos; 2. Sporting de Gijón, 12 puntos... 13. Real Avilés CF, 3 puntos...
6ª xornada: SD TORDOIA - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o domingo 16 de outubro ás 17:00 na Rega (Tordoia)
Clasificación da Primeira Autonómica: 1. Victoria FC B, Sárdoma CF B e CD Lugo, 13 puntos; 4. Orzán SD Xuvenil Feminino, 11 puntos; 6. Bergantiños CF e SD Tordoia, 10 puntos...
Segunda División Autonómica, subgrupo 1º, 3ª xornada: ORZÁN SD CADETE B FEMININO - ATLÉTICO SAN PEDRO, o domingo 16 de outubro ás 16:00 en A Torre (campo 1)
Liga Galega cadete, subgrupo A, 2ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMININO - BERGANTIÑOS CF, mañá sábado 15 de outubro ás 18.00 en A Torre (campo 3)
Liga Galega infantil, subgrupo A, 2ª xornada: UC CEE - ORZÁN SD INFANTIL FEMININO, mañá sábado 15 de outubro ás 16:30 no campo Sampaio de Refoxos (Xallas, Cee)
Categoría xuvenil
6ª xornada: XUVENIL A - AROUSA SC, o domingo 16 de outubro as 12:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta e CD Lugo, 12 puntos; 3. Xuvenil A e Deportivo Roces, 11 puntos; 5. Real Oviedo e Sporting de Gijón, 10 puntos... 14. Arosa SC, 3 puntos...
6ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - XUVENIL B, mañá sábado 15 de outubro ás 10:00 na Grela 1
Clasificación da liga Nacional: ... 3. Bergantiños CF, 12 puntos; 4. Pabellón Ourense CF e CD Choco, 10 puntos; 6. Xuvenil B, ED Xuventude de Oroso e Pontevedra CF, 8 puntos; 9. Atlético Coruña Montañeros CF, 7 puntos...
Categoría cadete
7ª xornada: CADETE - VIVEIRO CF, mañá sábado 15 de outubro ás 11:30 en Abegondo
7ª xornada: SAN TIRSO SD CADETE - URAL ESPAÑOL CF, o domingo 16 de outubro ás 10:30 en O Monte
Clasificación da División de Honra: 1. Cadete, 18 puntos; 2. RC Celta, 15 puntos... 4. Ural Español CF, 12 puntos... 17. San Tirso SD Cadete, 4 puntos... 20. Viveiro CF, 3 puntos
Categoría infantil
5ª xornada: INFANTIL - CD AREOSA, mañá sábado 15 de outubro ás 11:30 en Abegondo
5ª xornada: EF DENIS SUÁREZ - SAN TIRSO SD INFANTIL, mañá sábado 15 de outubro ás 12:15 no campo Penedo Redondo (Salceda de Caselas)
Clasificación da División de Honra: 1. ED Val Miñor Nigrán, 12 puntos; 2. Infantil e CD Conxo Santiago, 10 puntos; 4. RC Celta e Victoria FC, 9 puntos... 9. CD Areosa e EF Denis Suárez, 6 puntos; 11. San Tirso SD Infantil, 3 puntos...
Categoría alevín
Amigable: FABRIL FC ALEVÍN - URAL ESPAÑOL CF, mañá sábado 15 de outubro ás 13:15 en O Monte
Categoría benxamín
Amigable: ATLÉTICO CLUB PERILLO - FABRIL FC BENXAMÍN, mañá sábado 15 de outubro ás 12:00 no campo de O Redondo (Urbanización Icaria, Oleiros)
