O calendario de partidos desta semana en ANOSACANTEIRA arrinca con 4 partidos amigables previstos para este martes 2 de setembro.
Deles, 2 serán en Abegondo: o Cadete ante o Atlético Coruña Montañeros CF B de categoría xuvenil (19:00) e o Infantil ante o Atlético Coruña Montañeros CF B de categoría cadete (17:00).
A eles hai que sumar o choque do San Tirso SD Cadete ás 11:00 no Monte ante o Ural Español CF B de categoría xuvenil e a visita do San Tirso SD Infantil ao CD Conxo Santiago ás 19:15 no campo santiagués da Merced.
A semana está marcada polo inicio de liga en Segunda Federación para o Fabril, que recibe o domingo 7 de setembro ás 12:00 ao Burgos CF Promesas no campo principal de Abegondo.
No seu último test de pretemporada, o pasado sábado 30, o conxunto de Manuel Pablo derrotou por 1-0 ao Bergantiños CF de Segunda Federación.
Anteriormente, os fabrilistas venceron á SD Compostela en Arzúa (0-2), ao CD Estradense na Estrada (0-3), ao Atlético Arteixo en Ponte dos Brozos (0-1), á SD Sarriana en Pontedeume (1-3) e ao Atlético Coruña Montañeros CF en Abegondo (2-1).
A pretemporada do filial completouna un empate co CD Arenteiro en Abegondo (2-2) e unha derrota co Racing de Ferrol en Narón (3-2).
Tamén ten compromiso amigable o Xuvenil A, ante a SD Compostela o venres 5 de setembro ás 19:00 horas.
A semana complétana un torneo para o Cadete en Carballo, a Bergantiños Football Cup; o torneo do Narón O Freixo para os dous equipos alevíns e os dous benxamíns que arrincan este martes a pretemporada; o Torneo Apertura en Monteporreiro (Pontevedra) para o Infantil; e o 3er Memorial David Eiroa en Meicende e Pastoriza para o San Tirso SD Infantil co que se rende unha cariñosa homenaxe ao canteirán deportivista falecido.
O calendario de partidos é o seguinte:
Segunda Federación
1ª xornada: FABRIL - BURGOS CF PROMESAS, o domingo 7 de setembro ás 12:00 en Abegondo
Categoría xuvenil
XUVENIL A - SD COMPOSTELA, o venres 5 de setembro ás 19:00 en Abegondo (campo de herba sintética)
XUVENIL B - BERTAMIRÁNS FC, o sábado 6 de setembro ás 11:30 en Abegondo
Categoría cadete
CADETE - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF B (xuvenil), o martes 2 de setembro ás 19:00 en Abegondo (campo de herba sintética)
1ª Bergantiños Football Cup, nas Eiroas
Primera Fase
Venres 5 de setembro
16:00: CADETE - BERGANTIÑOS CF
Sábado 6 de setembro
9:20: CADETE - REAL SOCIEDAD
13:30: VALENCIA CF - CADETE
17:40: CADETE - ATLÉTICO DE MADRID
Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais e o resto xogarase as demais posicións do torneo, todo iso o domingo
SAN TIRSO SD CADETE - URAL ESPAÑOL CF B (xuvenil), o martes 2 de setembro ás 11:00 no Monte
Categoría infantil
INFANTIL - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF B (cadete), o martes 2 de setembro ás 17:00 en Abegondo (campo de herba sintética)
14ª edición do Torneo Apertura en Monteporreiro (Pontevedra)
Sábado 6 de setembro
11:30: AROSA SC - INFANTIL
13:00: INFANTIL - EF PORTERO 2000
13:45: INFANTIL - RC CELTA
CD CONXO SANTIAGO - SAN TIRSO SD INFANTIL, o martes 2 de setembro ás 19:15 na Merced (Santiago de Compostela)
3er Memorial David Eiroa
Sábado 6 de setembro
Primera Fase, en Meicende
9:35: CD LUGO - SAN TIRSO SD INFANTIL
11:20: SAN TIRSO SD INFANTIL - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF
16:40: SAN TIRSO SD INFANTIL - ED VAL MIÑOR NIGRÁN
17:50: VICTORIA CF - SAN TIRSO SD INFANTIL
Os dous primeiros de grupo xogarán a semifinal, que será ás 19:00 horas
Categoría alevín
Torneo SDCR Narón Freixo en Río Seco (Narón)
Sábado 6 de setembro
Primera Fase
9:15: ALEVÍN A - BERTAMIRÁNS FC (campo 3)
12:35: ALEVÍN A - SDCR NARÓN O FREIXO A (campo 1)
16:05: ALEVÍN A - CD AS PONTES (campo 3)
Os dous primeiros de grupo pasan á Fase Oro, que será o domingo a partir das 9:30; mentres que o 3º e 4º xogará a Fase Plata, o mesmo sábado a partir das 19:30 horas
Torneo SDCR Narón Freixo en Río Seco (Narón)
Sábado 6 de setembro
Primera Fase
9:15: RACING DE FERROL - FABRIL FC ALEVÍN (campo 1)
12:10: FABRIL FC ALEVÍN - ATLÉTICO ARTEIXO (campo 3)
16:05: FABRIL FC ALEVÍN - CF OZA CESURAS (campo 1)
Os dous primeiros de grupo pasan á Fase Oro, que será o domingo a partir das 9:30; mentres que o 3º e 4º xogará a Fase Plata, o mesmo sábado a partir das 19:30 horas
Categoría benxamín
Torneo SDCR Narón Freixo en Río Seco (Narón)
Sábado 6 de setembro
Primera Fase
10:30: BENXAMÍN A - ED XUVENTUDE DE OROSO (campo 1)
15:15: BENXAMÍN A - CF OZA CESURAS (campo 1)
18:40: BENXAMÍN A - EQUIPO PROCEDENTE DA FASE PREVIA (campo 3)
Os dous primeiros de grupo pasan á Fase Oro, que será o domingo a partir das 9:30; mentres que o 3º e 4º xogará a Fase Plata, o mesmo sábado a partir das 19:30 horas
Torneo SDCR Narón Freixo en Río Seco (Narón)
Sábado 6 de setembro
Primera Fase
10:30: OZA JUVENIL SD - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 4)
14:50: GALICIA CARANZA - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 2)
18:15: CULTURAL LEONESA - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 3)
Os dous primeiros de grupo pasan á Fase Oro, que será o domingo a partir das 9:30; mentres que o 3º e 4º xogará a Fase Plata, o mesmo sábado a partir das 19:30 horas
