#ONOSODERBI en Liga Nacional, o sábado 9 de outubro en Abegondo, é un dos partidos destacados da fin de semana en #ANOSACANTEIRA. Dépor e Celta marchan igualados á fronte da clasificación con nove puntos de nove posibles.
En canto ao resto de equipos, estrea horario o Fabril, que recibe o sábado en Abegondo ao CD Choco ás 12:00 horas. O filial terá así máis tempo de descanso antes da nova cita ligueira do martes 12, día festivo, en Ourense.
Os pupilos de Óscar Gilsanz buscarán reencontrarse coa vitoria despois da derrota, primeira da temporada, do pasado domingo en Lugo.
Tamén xoga na Cidade Deportiva por segunda xornada consecutiva o Deportivo ABANCA B, esta vez ante a SD Villestro tamén o sábado, pero pola tarde (16:00 horas, campo 5).
Os demais equipos compiten lonxe de Abegondo: Xuvenil A en Lugo (domingo ás 12:00); Orzán SD Xuvenil Feminino, que empeza a liga en Primeira División Galega, en Tordoia (domingo ás 12:00); Cadete na Coruña ante o Atlético Coruña Montañeros CF (sábado ás 19:30 en San Pedro de Visma); e Infantil en Lugo (sábado ás 12:00).
Finalmente, seguen con citas amigables os dous equipos alevíns e o Benxamín A; mentres que o Fabril FC Benxamín compite na novena edición do Memorial Manolo Carreira en Velle (Ourense).
O calendario de partidos é o seguinte:
Terceira RFEF
5ª xornada: FABRIL - CD CHOCO, o sábado 9 de outubro ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: 1. CD Barco, 12 puntos; 2. UD Somozas, 10 puntos; 3. Fabril, CF Noia e SD Juvenil Ponteareas, 7 puntos; 6. Viveiro CF, Ourense CF e Rápido de Bouzas, 5 puntos...
Categoría feminina
5ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - SD VILLESTRO, o sábado 9 de outubro ás 16:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Primeira Nacional, grupo 1º: ... 3. Oviedo Moderno CF B e CD Olímpico de León, 8 puntos; 5. Sárdoma CF e Victoria CF, 6 puntos; 7. CF Versalles, Deportivo ABANCA B e Sporting de Gijón B, 5 puntos; 10. UD Mos, 4 puntos...
Primeira División Galega, subgrupo A, 1ª xornada: SD TORDOIA - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o domingo 10 de outubro ás 12:00 horas no campo da Rega (Tordoia)
Categoría xuvenil
6ª xornada: CD LUGO - XUVENIL A, o domingo 10 de outubro ás 12:00 na Cheda
Clasificación da División de Honra: 1. Xuvenil A, 13 puntos; 2. RC Celta (un partido menos) e Real Racing Club, 10 puntos; 4. Real Avilés CF, 9 puntos...
4ª xornada: XUVENIL B - RC CELTA B, o sábado 9 de outubro ás 17:00 en Abegondo (campo 3)
Clasificación da liga Nacional: 1. RC Celta B e Xuvenil B, 9 puntos; 3. CD Lugo B e CD Calasanz, 7 puntos...
Categoría cadete
División de Honra, subgrupo A, 2ª xornada: ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF - CADETE, o sábado 9 de outubro ás 19:30 en San Pedro de Visma 1 (A Coruña)
Categoría infantil
Liga Galega, subgrupo B norte, 2ª xornada: CD LUGO - INFANTIL, o sábado 9 de outubro ás 12:00 no Municipal Rodríguez Lago (Lugo)
Categoría alevín
Amigable: ALEVÍN A - CD CALASANZ, o sábado 9 de outubro ás 9:40 en Abegondo (campo de herba artificial)
Amigable: SDCR NARÓN O FREIXO - FABRIL FC ALEVÍN, o sábado 9 de outubro ás 10:30 no campo de O Sinde (Narón)
Categoría benjamín
Amigable: SDCR NARÓN O FREIXO - BENXAMÍN A, o sábado 9 de outubro ás 10:30 no campo de O Sinde (Narón)
IX Memorial Manolo Carreira en Monte da Aira (Velle)
Sábado 9 de outubro
Primeira Fase
10:10: CD MACEDA - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 1)
11:30: FABRIL FC BENXAMÍN - CD VELLE (campo 1)
12:50: ADC POLÍGONO - FABRIL FC BENXAMÍN (campo 1)
Os dous primeiros pasan á Fase Final polo título mentres que os dous restantes xogarán unha Fase de Consolación; todo iso a partir das 15:00 horas.




