RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Calendario de partidos en #ANOSACANTEIRA, con só un, o do Xuvenil A, mañá sábado en Abegondo

Un só partido xógase mañá sábado 2 de abril na Cidade Deportiva. Ás 16:00, o Xuvenil A recibe ao Sporting de Gijón nun choque clásico no grupo 1º da División de Honra.

Ademais, cos alevíns e o Fabril FC Benxamín na Torre, o Orzán SD Infantil Feminino mídese en Elviña Pequeno (16:00) ao Umia CF na Fase polo Título Galego.

Fóra de casa, o Infantil, campión do subgrupo B norte da Liga Galega, inicia ás 18:00 nas Eiroas (Carballo) ante o Bergantiños CF a Segunda Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego, no seu grupo norte.

Ademais do Bergantiños CF, quinto no subgrupo A norte, os demais rivais do conxunto branquiazul nesta fase serán os outros catro primeiros clasificados do citado subgrupo A: CD Conxo Santiago, Cidade de Ribeira CF, Bertamiráns FC e Victoria FC.

O formato será de liga a dobre volta. O primeiro de cada subgrupo da primeira fase, neste caso o Infantil e o CD Conxo Santiago, arranca esta segunda parte da competición con cinco puntos; os segundos con tres; os terceiros con dous; os cuartos clasificados con un; e os quintos con cero puntos. Ao concluír esta segunda fase, os oito primeiros ascenderán á recentemente creada División de Honra para a temporada 2022-23. A maiores, os dous primeiros xogarán as semifinais contra os dous primeiros do grupo sur, a partido único en casa do mellor clasificado. A final para decidir o campión da Liga Galega será nunha sede que ditaminará a Federación.

Xa o domingo 3, o Fabril recibe ás 12:00 ao CSD Arzúa impulsado polo triunfo do pasado mércores en Redondela.

O Club mantén activo o protocolo de apertura con rexistro de asistentes da Cidade Deportiva.

Todo o público debe retirar entrada, até esgotar aforamento e sen ningún custo adicional para todas as persoas socias do Real Club Deportivo que o tramiten formalmente a través da web bancada.rcdeportivo.es, na que deberán introducir o seu ID de socio e 4 últimos números do DNI. A continuación, seleccionar unha localidade libre na bancada e posteriormente completar os seus datos de contacto e a dirección de correo electrónico onde recibir a entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única persoa pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos contiguos ou próximos.

Este procedemento ten dous fins: poder solicitar e recibir a entrada e, ademais, levar un control de repartición e localización na instalación.

O RC Deportivo solicita que unicamente tramiten a entrada aquelas persoas socias que vaian poder acudir aos partidos, para evitar que queden afeccionados sen poder asistir unha vez completado a repartición do aforamento nun proceso 100 % telemático.

Tamén está habilitado simultaneamente o sistema de venda de entradas para o público en xeral, a través da mesma plataforma en bancada.rcdeportivo.es e seguindo o preceptivo sistema de rexistro e pago de localidade. O prezo de cada entrada para afeccionados sen carné do RC Deportivo é de 10 euros.

Todos os asistentes deberán ocupar obrigatoriamente a fila e asento asignado, portar máscara en todo momento, sentar obrigatoriamente na localidade asignada na entrada e permanecer na devandita localidade sentados até finalizar o partido (unicamente permítense desprazamentos aos baños).

Tamén o domingo, o Deportivo ABANCA B xoga no campo de Santa Isabel de Santiago (12:30) ante o Victoria FC; e o Xuvenil B en Abegondo (12:00) fronte ao CD Conxo Santiago.

O programa semanal en #ANOSACANTEIRA abriuse o pasado mércores con dúas vitorias.

O Fabril venceu (0-3) ao CD Choco en partido correspondente á 22ª xornada en Tercera RFEF que foi aprazado a principios do mes de febreiro.

Óscar Gilsanz non puido contar con Juan Rodríguez, sancionado; David Mella, de regreso da concentración da selección española sub-17; e Davo, que quedou co primeiro equipo ás ordes de Borja Jiménez. Aínda así, o filial foi superior ao seu rival.

Así mesmo, o Benxamín A derrotou (6-0) ao Orillamar SD en partido correspondente á 15ª xornada adiantado ao fin de semana por compromisos amigables do conxunto branquiazul en Alemaña. Os deportivistas son líderes destacados do subgrupo A de Primeira A Coruña.

Onte xoves, a quenda foi para o Alevín en Abegondo ante o San Tirso SD (7-1) na 5ª xornada do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once.

Finalmente teñen descanso esta semana o Orzán SD Xuvenil Feminino; o Orzán SD Cadete Feminino, á espera da fase final; e o Cadete, cuxo partido ante o ED Val Miñor Nigrán xogarase o mércores 6 de abril.

O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:

Terceira RFEF
22ª xornada: CD CHOCO 0 - FABRIL 3 (Juan Cambón e Víctor -2-)
30ª xornada: FABRIL - CSD ARZÚA, o domingo 3 de abril ás 12:00 en Abegondo
Clasificación: ... 5. Rápido de Bouzas, 47 puntos; 6. Racing Villalbés, 42 puntos; 7. CD Estradense, 39 puntos; 8. Fabril (un partido menos), 37 puntos; 9. Silva SD e Viveiro CF, 33 puntos; 11. CSD Arzúa, 31 puntos...

Categoría feminina
24ª xornada: VICTORIA FC - DEPORTIVO ABANCA B, o domingo 3 de abril ás 12:30 en Santa Isabel (Santiago de Compostela)
Clasificación da Primeira Nacional: ... 4. Viajes InterRías FF, 43 puntos; 5. Deportivo ABANCA B, 38 puntos; 6. Umia CF, 35 puntos...

Clasificación da Fase de Descenso de Primeira División, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Xuvenil Feminino, 12 puntos; 2. Tomiño FC Femenino, 9 puntos...

5ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO - UMIA CF, o sábado 2 de abril ás 16:00 en Elviña Pequeno (A Coruña)
Clasificación da Fase polo Título Galego: 1. Orzán SD Infantil Feminino e Victoria CF, 12 puntos; 3. UD Mos e Lóstrego CF, 6 puntos...

Categoría xuvenil
27ª xornada: XUVENIL A - SPORTING DE GIJÓN, o sábado 2 de abril ás 16:00 en Abegondo
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 71 puntos; 2. Xuvenil A, 64 puntos; 3. Real Racing Club, 51 puntos...

26ª xornada: XUVENIL B - CD CONXO SANTIAGO, o domingo 3 de abril ás 12:00 en Abegondo
Clasificación da Liga Nacional: 1. Xuvenil B, 60 puntos; 2. RC Celta B, 59 puntos; 3. CD Lugo B (un partido máis), 51 puntos...

Categoría cadete
2ª xornada: ED VAL MIÑOR NIGRÁN - CADETE, o mércores 6 de abril ás 19:00 en Condomínguez (Nigrán)
Clasificación da Fase polo Título da División de Honra: 1. RC Celta e Cadete, 8 puntos; 3. San Tirso SD e ED Val Miñor Nigrán, 5 puntos...

Categoría infantil
1ª xornada: BERGANTIÑOS CF - INFANTIL, o sábado 2 de abril ás 18:00 nas Eiroas (Carballo)
Clasificación da Fase polo Ascenso á División de Honra e Título Galego, subgrupo norte: 1. Infantil e CD Conxo Santiago, 5 puntos; 3. San Tirso SD e Cidade de Ribeira CF, 3 puntos...

Categoría alevín
5ª xornada: ALEVÍN 7 (Raúl -3-, Pablo Somoza -2-, Gabri e Iago Lameiro) - SAN TIRSO SD 1
Clasificación do Trofeo Conservas Calvo de fútbol once, subgrupo norte: 1. Alevín (un partido máis), 13 puntos; 2. ED Luis Calvo Sanz, 12 puntos; 3. Galicia Caranza, 9 puntos; 4. Victoria CF e San Tirso SD, 7 puntos...

4ª xornada: ALEVÍN A - CD CALASANZ, o sábado 2 de abril ás 10:00 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Segunda Fase A Coruña, subgrupo 1º: 1. Alevín A, 9 puntos; 2. CD Calasanz, 8 puntos; 3. San Tirso SD (un partido máis), 6 puntos...

4ª xornada: FABRIL FC ALEVÍN - ATLÉTICO SAN PEDRO, o sábado 2 de abril ás 12:00 na Torre (campo 1.1)
Clasificación da Segunda Fase A Coruña, subgrupo 2º: 1. Sada CF, 10 puntos; 2. Fabril FC Alevín (un partido menos), 7 puntos; 3. Atlético Arteixo e Victoria CF (un partido menos), 4 puntos...

Categoría benxamín
15ª xornada: BENXAMÍN A 6 (Martín López -2-, Hugo Luaces -2-, David Gómez e Hugo Macedo) - ORILLAMAR SD 0

Amigable (xogado onte xoves): FABRIL FC BENXAMÍN 3 (Álvaro Rodríguez, Leo e Adrián) - SAN TIRSO SD 2
15ª xornada: CD CALASANZ - FABRIL FC BENXAMÍN, o sábado 2 de abril ás 10:00 na Torre (campo 3.1)

Clasificación da Primeira A Coruña, subgrupo A: 1. Benxamín A, 42 puntos; 2. Ural Español CF (un partido menos), 30 puntos; 3. CD Calasanz (dous partidos menos), 22 puntos; 4. Atlético Coruña Montañeros CF (dous partidos menos) e Fabril FC Benxamín, 21 puntos (un partido menos); 6. Victoria CF A (dous partidos menos), 19 puntos...