A Aragon Cup marcou hoxe mércores 28 de decembro o inicio de varios torneos de nadal previstos na canteira deportivista durante este parón ligueiro.
Os equipos branquiazuis (Cadete A, Infantil A, Infantil B, Alevín A, Alevín B y Benxamín A) compiten estes días en Zaragoza, Huesca, Vigo, Roma e A Coruña.
Na Aragon Cup, Cadete A e Infantil B afrontan mañá xoves a segunda fase da competición, os cuartos de final. E no campo coruñés de Elviña, o Benxamín A disputa tamén mañá xoves o Torneo de Nadal do Ural.
Segunda Fase da Aragon Cup 2016 para Cadete A e Infantil B
Dous equipos do RC Deportivo (Cadete A de División de Honra e Infantil B de Primeira División Autonómica) participan este Nadal na Aragon Cup 2016 en Zaragoza e Huesca.
Os resultados do Cadete A na Primeira Fase foron os seguintes:
Alevín A e Benxamín A, no Torneo do Ural mañá xoves e o venres
O Alevín A e o Benxamín A do Deportivo compiten no Torneo de Nadal do Ural, que terá como escenario o campo de Elviña (A Coruña).
Así, o Alevín A xoga o venres 30 de decembro, con este calendario da Primeira Fase:
Os dous primeiros clasificados acceden a cuartos de final, que se disputan xa a continuación.
Pola súa parte, o Benxamín A participa mañá xoves 29 de decembro, con estes partidos da Primeira Fase xa definidos:
Os dous primeiros equipos clasificaranse a cuartos de final, que se xogan a seguir.
O Alevín B participa no Torneo Concello de Vigo
O Alevín B branquiazul xoga o próximo venres 30 de decembro o Torneo Concello de Vigo, que terá como escenario o Municipal de Pahíño en Navia.
Os partidos da Primeira Fase para o equipo deportivista son os seguintes:
O primeiro clasificado accede a semifinais, que se xogan xa a continuación.
O Infantil A comezará 2017 cun torneo amigable en Roma
O próximo domingo 1 de xaneiro de 2017, o Infantil A do Deportivo, que compite na Liga Galega, viaxará a Roma (vía Madrid) para competir nun torneo amigable de fútbol once organizado polo clube italiano GSD Nuova Tor Tre Teste.
O conxunto deportivista quedou encadrado na Primeira Fase no grupo B, co FC Inter, o SS Lazio e o Margine Coperta.
O calendario da Primeira Fase é o seguinte: