RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ANOSACANTEIRA

Calendario en ANOSACANTEIRA feminina, co partido do Dépor ABANCA B en ABANCA-Balaídos ante o RC Celta como choque estrela

O partido entre o RC Celta e o Dépor ABANCA B, mañá sábado 8 de marzo ás 19:00 en ABANCA-Balaídos, centra a atención en ANOSACANTEIRA feminina.

Ambos os equipos, co Olímpico de León, pelexan polo título do grupo 1º de Tercera Federación que leva consigo o consecuente ascenso a Segunda: as leonesas son primeiras con 57 puntos por 56 das celestes e 55 as branquiazuis.

Tamén mañá sábado xoga o Orzán SD Cadete ante o Escuela FB Amistade (17:30, Municipal de Eirís), o Orzán SD Infantil A ante o Torre SD (18:15, San Pedro de Visma 1) en partido da 13ª xornada aprazado no mes xaneiro polo temporal, e o Orzán SD Infantil B ante o SCD Milagrosa (10:00 no campo Luis Gorgoso de Lugo).

Para o domingo 9 quedan o choque do Orzán SD Sub-21, en plena loita polo liderado da Primera Autonómica, en Santiago ante o Victoria FC B (18:00, Santa Isabel); e o do Orzán SD Xuvenil ante o Orillamar SD en Segunda Autonómica (12:30 na Torre).

O calendario de partidos é o seguinte:

Tercera Federación
23ª xornada: RC CELTA - DEPORTIVO ABANCA B, mañá sábado 8 de marzo ás 19:00 en ABANCA-Balaídos
Clasificación: 1. Olímpico de León, 57 puntos; 2. RC Celta, 56 puntos; 3. Deportivo ABANCA B, 55 puntos; 4. Sárdoma CF, 51 puntos...

Primera Autonómica
22ª xornada: VICTORIA FC B - ORZÁN SD SUB-21, o domingo 9 de marzo ás 18:00 en Santa Isabel
Clasificación: 1. EFM Concello de Boiro e Orzán SD Sub-21, 56 puntos; 3. RC Celta B, 50 puntos... 10. Victoria FC B, 27 puntos...

Segunda Autonómica
22ª xornada: ORILLAMAR SD - ORZÁN SD XUVENIL, o domingo 9 de marzo ás 12:30 na Torre (campo 2)
Clasificación: ... 3. UD Carral e Sporting Burgo, 42 puntos; 5. Orzán SD Xuvenil e UC Cee, 39 puntos; 7. SD Tordoia, 38 puntos; 8. CF Dumbría, 37 puntos... 12. Orillamar SD, 19 puntos...

Liga Galega cadete
18ª xornada: ORZÁN SD CADETE - ESCUELA FB AMISTADE, mañá sábado 8 de marzo ás 17:30 no Municipal de Eirís
Clasificación: 1. Orzán SD Cadete (un partido menos) e Racing de Ferrol, 42 puntos; 3. Victoria CF (2 partidos menos), 39 puntos; 4. CD Narón (un partido menos), 29 puntos... 7. Escuela FB Amistade (un partido menos), 13 puntos...

Liga Galega infantil
13ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL A - TORRE SD, mañá sábado 8 de marzo ás 18:15 en San Pedro de Visma (campo 1)
18ª xornada: SCD MILAGROSA - ORZÁN SD INFANTIL B, mañá sábado 8 de marzo ás 10:00 no campo Luis Gorgoso (Lugo)
Clasificación: 1. Victoria CF (un partido menos), 48 puntos; 2. Orzán SD Infantil A (un partido menos), 45 puntos; 3. Racing de Ferrol e SCD Milagrosa, 36 puntos; 5. Orzán SD Infantil B, 27 puntos; 6. Santa Cruz CF, 17 puntos...