RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Cambios no Deportivo en Xogo Europa: PSG-Deportivo

A Clasificación Xeral do Deportivo en Xogo Europa Segunda Fase computará a partir da xornada 2 e non desde a 1ª tal e como especificaban as bases do Xogo, por problemas técnicos que impediron a moitos participantes enviar o seu prognóstico dentro do límit

Na tarde do martes un erro alleo á nosa vontade fixo que fose imposible enviar os prognósticos da xornada durante case unha hora, a pesar de que o primeiro encontro comezaba ás 20:45 da noite polo que o prazo non acababa ata as 18:45. Debido á cantidade de mensaxes recibidas, Canaldeportivo.com pospón o comezo da Clasificación acumulada da segunda fase da UEFA Champions League ata a próxima xornada, na que o Deportivo se enfrontará ao Milán, para evitar o prexuízo dos participantes que non puideron xogar onte pola tarde.

Esperamos que comprendais esta leve modificación das bases que, cremos, non prexudica a ninguén e permitirá a moitos xogadores seguir competindo en igualdade de condicións.

Moitas grazas e esperamos que sigais participando no Deportivo en Xogo.