
DÉPOR · 30 XULLO 2025
JOSÉ GRAGERA, NOVO XOGADOR DO DÉPOR
José Gragera Amado (Gijón, 14 de maio de 2000) incorpórase ao RC Deportivo como novo reforzo para a temporada 2025-26. O centrocampista chega cedido polo RCD Espanyol, cunha opción de compra incluída no acordo entre ambos os clubs.Gragera, mediocentro de gran proxección e calidade contrastada, disputou a pasada temporada 19 partidos en Primera División, nos que anotou un gol.A pesar da súa mocidade, acumula unha notable experiencia en LaLiga Hypermotion, con 121 encontros entre o RCD Espanyol e o Real Sporting de Gijón, o seu club de formación. Nesa categoría suma ademais 5 goles e 3 asistencias. A esa bagaxe hai que engadir 5 partidos de promoción de ascenso a Primeira e 8 encontros na Copa del Rey.A nivel internacional, foi convocado por España nas categorías sub-19 e sub-21, coa que disputou 5 partidos e marcou 1 gol.José Gragera é o quinto reforzo do Dépor após os xa confirmados de Lucas Noubi, Arnau Comas, Luismi Cruz e Quagliata.

Aubameyang xa se adestra no Dépor Training Center ás órdenes ...

Rival de postín para o Dépor ABANCA, o domingo 16 de agosto a...

Terceira semana de pretemporada para o Dépor desde este luns ...

Antía Mayo, nova xogadora do RC Deportivo

O Dépor ABANCA encara desde este luns 20 de xullo a súa segun...

Diego Villares ve as incorporacións "con ritmo, con calidade....