
DÉPOR ABANCA · 18 SETEMBRO 2026
ALBERTO RODRÍGUEZ: AS XOGADORAS ESTÁN POÑENDO TODO DA SÚA PARTE E É CUESTIÓN DE TEMPO QUE CHEGUE (A PRIMEIRA VITORIA)"
Alberto Rodríguez manifestou este venres 18 de setembro na sala de prensa do Dépor Training Center que o equipo leva "con tranquilidade" o feito de non ter conseguido gañar na liga, "sabendo que é algo que necesitamos todos e todas; pero a única maneira de enfocalo é co traballo diario, dándolles esa volta de porca extra aos detalles".Con todo, o técnico deportivista quixo recalcar que "as vitorias, os goles... todos eses titulares da prensa deben facer o menor ruído posible dentro porque o traballo é bo. Estamos tratando de pulir todos os detalles, as xogadoras están poñendo todo da súa parte e é cuestión de tempo que chegue. Agardemos que sexa este domingo".Do Granada CF, rival este domingo 20 de setembro ás 12:00 (Dazn e RTVE Play) na Ciudad Deportiva do conxunto andaluz, advirte que "é un equipo que na casa conseguiu unha vitoria moi importante contra a Real Sociedad. Ao final da pretemporada sufriu ese cambio de adestradora, pero o segundo adestrador é o que xa estaba. Polo tanto, hai liñas de traballo semellantes".Explica que o conxunto andaluz "xoga cunha liña de 5. Estamos tratando de ver como as podemos sorprender, como podemos atopar eses espazos. Na última liña ten xogadoras poderosas fisicamente, así que haberá que controlalas moi ben para que non nos xeren perigo".

Bright Ede, convocado por Polonia sub-21 para dous partidos a...

Calendario de ANOSACANTEIRA feminina, co Dépor ABANCA B - Rea...

Lucas Noubi xogará con Bélxica 3 partidos clasificatorios par...

El Fabril enfróntase ao CD Lugo no Estadio Anxo Carro o sábad...

O Dépor ABANCA desprázase este sábado 19 a primeira hora da m...

Os Nosos afinan a puntería de cara ao partido ante o Real Bet...