
DÉPOR · 7 NOVEMBRO 2026
O DÉPOR SUMA UN PUNTO NA SÚA VISITA AO RCD ESPANYOL A PESAR DE QUE "NON É O NOSO MELLOR PARTIDO"
O Dépor empatou (0-0) co RCD Espanyol este sábado 7 de novembro no RCDE Stadium, nun partido correspondente á 12ª xornada en LaLiga EA Sports.Con este resultado, Os Nosos suman 15 puntos, situados na 8ª posición da táboa.Antonio Hidalgo fala dun "punto importante nun campo complicadísimo. Os equipos de Eder Sarabia sométenche a moita presión".A novidade na convocatoria foi o regreso de Marc Casadó. Así pois, unicamente quedan na enfermería Bright Ede e Zakaria Eddahchouri, cuxo regreso, segundo vaticinou o preparador blanquiazul na rolda de prensa previa, está "cada vez máis preto".Kevin Sánchez e Noé foron os representantes de ANOSACANTEIRA.En fronte estaba un RCD Espanyol que estreaba técnico, Eder Sarabia. Esta circunstancia motivou que o adestrador do Dépor dixese que a preparación do partido foi "un pouco ás cegas" ante o que podía atopar o conxunto blanquiazul.O Dépor presentou o mesmo once que o pasado luns derrotou en ABANCA-RIAZOR o CA Osasuna.As dúas primeiras ocasións foron catalás.No minuto 8 o internacional Roberto marcha por velocidade, o seu disparo ante Leo Román tócao Giménez e Alti saca practicamente baixo paus.Case no minuto seguinte, de novo Roberto, de cabeza, obriga a lucirse no segundo pau ao porteiro deportivista.Respondeu o Dépor cunha boa combinación que deixa a Amatucci só ante o meta Ángel Fortuño. El Hilali evitou o tanto tamén case na liña de gol.Leo Román evitou o primeiro tanto no minuto 18 ao sacar nunha gran intervención un remate de cabeza de Álex Santiago no segundo pau entrando desde atrás.Apertaba o Espanyol na procura do primeiro tanto.Aos 21 minutos, nun centro raso desde a banda esquerda Roberto deixa co calcaño un balón morto na área pequena deportivista que felizmente non atopou rematador.Tamén rozou o gol Luismi nun gran disparo desde fóra da área tras un saque de esquina no minuto 27. O balón marcha rozando o pau esquerdo.Ao descanso chegouse sen máis ocasións e sen goles.

"Custounos na primeira parte axustar as presións. Estabamos indo arriba e nos duelos estabamos gañando poucos", resumiu Antonio Hidalgo.Tras o paso polos vestiarios, Villares e Aubameyang relevaron a Luismi Cruz, que estaba amoestado, e Yeremay."Tiñamos que cambiar cousas, estabamos desaxustados, non nos estabamos atopando cómodos. Na primeira liña de presión, cun xogador saíndo desde unha posición máis atrasada, iamos ter algo máis de tempo para ir á presión. Yere leva un par de días con gastroenterite e non se atopaba ao seu 100%. Luis tiña tarxetas. Sabiamos que tiñamos que seguir 11 no campo", explicou o adestrador blanquiazul.Co partido atascado, á hora de xogo Adama substituíu a Mella.E no 71, Marc Casadó volvía aos terreos de xogo, superada a súa lesión de clavícula, ao relevar a Mario Soriano.O RCD Espanyol tratou de buscar o gol sobre todo en accións a balón parado: saques de esquina e faltas laterais; pero a defensa deportivista mantívose firme.Case co tempo cumprido, o seu estilete Roberto marcha de novo por velocidade e o seu potente disparo sácao como pode Leo Román. O espanyolista Marcos preparábase para marcar no rexeitamento, pero interpúxose no último instante Villares nunha xogada decisiva.Antonio Hidalgo recalca que "sumar fóra da casa sempre é importante sabendo que non é o noso mellor partido. O equipo compite sempre. É a nosa primeira portaría a cero, dámoslle moito valor. Perseguiámola desde o principio da temporada".RCD Espanyol: Ángel Fortuño, Quilindschy, Cabrera, Edu Expósito (Moscardó, min. 78), Roberto, Pol Lozano, Pere Milla (Marcos, min. 78), Cala (Javi H. min. 63), El Hilali, Dolan (Bryan Zaragoza, min. 78) e A. Santiago (Drkusic, min. 16)Deportivo: Álex Román, Alti, Giménez, Loureiro, Quagliata, Amatucci (Lucas Noubi, min. 89), Mario Soriano (Marc Casadó, min. 71), Mella (Adama, min. 60), Yeremay (Aubameyang, min. 46), Luismi Cruz (Villares, min. 46) e BilÁrbitro: Alejandro Quintero, do comité andaluz. Amoestou a Luismi Cruz (min. 39), Roberto (min. 44), Cabrera (min. 73), A. Santiago (min. 77), Villares (min. 81), Amatucci (min. 82), Aubameyang (min. 89) e Moscardó (min. 89)Incidencias: partido disputado no RCDE Stadium ante 31.030 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Jesús de Miguel cos dous equipos lucindo unha camiseta co seu nome. No minuto 9 o partido parouse para aplaudir un vídeo con algunhas das xogadas do futbolista traxicamente falecido.


Resultados deste sábado 7 en ANOSACANTEIRA feminina e calenda...

Resultados este sábado 7 en ANOSACANTEIRA e calendario deste ...

Os Nosos adéstranse de novo o martes 10 ás 17:00 no Dépor Tra...

Un Fabril que quere "subir o nivel competitivo" mídese en Fad...

Arxentina e República Dominicana serán os rivais de Uruguai e...

Dobre enfrontamento de Nsongo Bil ante Namibia na Copa de Áfr...