
CANTERA · 8 NOVEMBRO 2026
RESULTADOS DESTE SÁBADO 7 EN ANOSACANTEIRA FEMININA E CALENDARIO DESTE DOMINGO 8, CON DOBRE CITA ORZANISTA NA TORRE
Semana de parón ligueiro para o Dépor ABANCA, que retomará a competición o domingo 15 de novembro ás 12:15 ante o Victoria CF no campo Víctor Fernández Alonso de A Coruña.As Nosas lideran a táboa en Segunda Federación con 21 puntos polos 18 do segundo clasificado, o Real Oviedo.En canto ao resto de categorías, este domingo 8 de novembro xóganse 2 partidos en ANOSACANTEIRA feminina.En Tercera Federación, o Orzán SD Sub-21, 7º na táboa con 13 puntos, mídese co Tomiño FC ás 18:00 na Torre.Tamén neste escenario, pero ás 12:30, o Orzán SD Xuvenil, no grupo de cabeza da Primera Autonómica, vese as caras co Bergantiños CF B.Pola súa parte, este sábado 7 foi a quenda das cadetes e infantís.Así, o Orzán SD Cadete venceu ao CD As Pontes (10-0) e o Orzán SD Infantil B ao Xallas FC (10-0); mentres que como visitante o Orzán SD Infantil A superou ao CF Batallador SD (0-11).O calendario de partidos, cos resultados dos xa xogados, é o seguinte:Tercera Federación9ª xornada: ORZÁN SD SUB-21 - TOMIÑO FC, o domingo 8 de novembro ás 18:00 na Torre (campo 2)Primera Autonómica9ª xornada: ORZÁN SD XUVENIL - BERGANTIÑOS CF B, o domingo 8 de novembro ás 12:30 na Torre (campo 2)Liga Gallega cadete5ª xornada: ORZÁN SD CADETE 10 (Yaiza Domínguez -4-, Lorena Anastase -2-, Lara Vázquez, Alexia Quintela e María López-Perales -2-) - CD AS PONTES 0Liga Gallega infantil4ª xornada, grupo A: CF BATALLADOR SD 0 - ORZÁN SD INFANTIL A 11 (Mencía Queijas -3-, Iris Ríos, María Navaza -3-, María Fandiño, Ariadna Arroyo, Daniela Mingo e Catalina Seoane)4ª xornada, Grupo B: ORZÁN SD INFANTIL B 10 (Julieta Márquez -2-, Miley Anrango -3-, Nahiara Otero -3-, Clara García e Stephany Fernández) - XALLAS FC 0

Antonio Hidalgo: "O equipo sempre está vivo, compite e iso en...

Resultados este sábado 7 en ANOSACANTEIRA e calendario deste ...

Os Nosos adéstranse de novo o martes 10 ás 17:00 no Dépor Tra...

O Dépor suma un punto na súa visita ao RCD Espanyol a pesar d...

Un Fabril que quere "subir o nivel competitivo" mídese en Fad...

Arxentina e República Dominicana serán os rivais de Uruguai e...