
DÉPOR · 8 NOVEMBRO 2026
OS NOSOS ADÉSTRANSE DE NOVO O MARTES 10 ÁS 17:00 NO DÉPOR TRAINING CENTER
Concluído o encontro no RCDE Stadium, cuxas mellores imaxes podes ver ao pé da noticia, Os Nosos regresaron nun voo que aterrou no Aeroporto de A Coruña ás 22:30 horas.Antonio Hidalgo citou de novo o seu cadro de xogadores o martes 10 de novembro para un adestramento no Dépor Training Center a partir das 17:00 da tarde.Non haberá competición ligueira a próxima semana debido aos compromisos das seleccións nacionais.A seguinte cita en LaLiga EA Sports para o Dépor será tamén lonxe de ABANCA-RIAZOR, concretamente o sábado 21 de novembro ás 14:00 horas no Estadio de Mendizorroza ante o Deportivo Alavés, nun partido retransmitido en directo por Movistar LaLiga.

Resultados deste sábado 7 en ANOSACANTEIRA feminina e calenda...

Resultados este sábado 7 en ANOSACANTEIRA e calendario deste ...

O Dépor suma un punto na súa visita ao RCD Espanyol a pesar d...

Un Fabril que quere "subir o nivel competitivo" mídese en Fad...

Arxentina e República Dominicana serán os rivais de Uruguai e...

Dobre enfrontamento de Nsongo Bil ante Namibia na Copa de Áfr...