
DÉPOR · 8 NOVEMBRO 2026
LEO ROMÁN ASEGURA QUE "ESTE EQUIPO É UNHA FAMILIA" E CRE QUE O PUNTO "É MOI BO"
Leo Román apuntou na zona mixta do RCDE Stadium que "veño traballando moi ben. Estou intentando poder axudar ao equipo. Quizais algunhas accións puntuais puideron penalizar ao equipo pero sostívome cando máis falta me fixo con goles, con cariño, estando preto de min. Hoxe (por onte) cando me tocou a min axudar puiden estar aí e estou moi contento por iso".O gardameta deportivista recalca que "este equipo é unha familia. De portas para dentro é onde de verdade se nota que este é un equipo de verdade, que remamos todos xuntos. Viuse hoxe (por onte) que cando o equipo sufriu soubo arrouparse, todo o mundo se animaba. O punto non é casualidade, foi froito do traballo de todos. Eu puxen o meu gran de area pero cada un tamén puxo o seu".Asegura que "sei o que veño facendo, cal é o meu nivel, cal é o traballo que fago a diario. Ás veces o fútbol castígate, non sabes por que, pero hai que ter a suficiente humildade para analizar os erros, saber por que suceden, corrixilos para que non volvan suceder e ser unha mellor versión de min mesmo. Teño aínda 26 anos, teño moitas cousas que mellorar e estou nese camiño".Finalmente cre que o punto "é moi bo, sobre todo porque non sabiamos moi ben o que iamos atopar aí fóra. Eles empezaron moi ben, moi enchufados, cunha boa presión, unha boa saída de balón, pero o equipo soubo estar xunto cando tocou. Ao final da temporada estes puntos son os que te poñen nun sitio ou noutro e soubemos sufrir, que iso é o máis complicado de todo".

Antonio Hidalgo: "O equipo sempre está vivo, compite e iso en...

Resultados deste sábado 7 en ANOSACANTEIRA feminina e calenda...

Resultados este sábado 7 en ANOSACANTEIRA e calendario deste ...

Os Nosos adéstranse de novo o martes 10 ás 17:00 no Dépor Tra...

O Dépor suma un punto na súa visita ao RCD Espanyol a pesar d...

Un Fabril que quere "subir o nivel competitivo" mídese en Fad...